Nós, nos nosos paseos polas selvas de Borneo atopamos preciosas flores e plantas. Temos que ir todos xuntiños para non perdernos e moi caladiños porque xa sabedes que os animais enseguidiña se asustan e botan a correr!
Shh...! Ollades o que eu estou vendo? Nesta planta que semella un fento hai...unha bolboreta? Védela? Tranquilos! Non a espantemos! Se vos apetece, podedes debuxala e pintala. É a bolboreta RAJAH BROOKE.
CONTO: A VIAXE DAS BOLBORETAS
MATES: XOGAMOS A COPIAR
Este xogo é moi sinxelo. So tedes que debuxar nunha folla un taboleiro como o da foto. Na folla facedes unha liña que marque as dúas metade e debuxades 6 puntiños (non fai falla pintalos) en cada lado. Despois colledes tapas de dúas cores ou outro material que teñades por casa. Na vosa quenda colocades as tapas dun xeito que queirades. O outro xogador ten que copiar o voso modelo. Comprobade que todo está no seu lugar!
Fíxoo ben? Pois, veña, atentos! Agora tócavos a vós copiar.
XOGOS POPULARES: XOGO DO PANO
ZUMBA
Ningún comentario:
Publicar un comentario