Como xa vos informamos onte, queremos facer unha montaxe de despedida; xa que vai ser imposible mirarnos e despedirnos personalmente. Vai ser unha maneira de poñer punto final a este curso que quedou un pouquiño a medias e a este longo percorrido virtual, co que non contabamos e no que estamos a navegar como podemos.
Sería estupendo que tódalas familias cos nenos e nenas do ciclo estivesedes aí, enviando os vosos acenos de despedida ata o vindeiro curso. Así que, animádevos! Cantos máis participemos, máis seremos quen de estar xuntos a pesar da distancia. E poderemos ver tamén aos que non vos decidistes a asomarvos a nosa xaneliña!
Xa sabedes, precisamos un vídeo breve sen música (a música poñémola nós) ou foto, facendo o que queirades, pero sobre todo mandando bicos, apertas, sorrisas, saúdos.... Data tope, 12 de Xuño, para que nos dea tempo a montalo antes da fin do curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario