Neste grupiño que se está a preparar para navegar, hai unha tripulación entusiasta e con moitas habilidades mariñas. Tamén hai auténticas LOBOS DE MAR como Zoe. E non creades que é a única. Son moitos os nenos e nenas que se atreveron coas probas máis difíciles destes días poñendo en marcha a súa imaxinación.
Zoe atreveuse co conto motor que propuxemos e ademáis deulle o seu toque persoal. Así nolo conta dende a súa casa
"O conto motor foi toda unha aventura. O barco encheuse coa tripulación (os bonecos) e a capitana mandou zarpar seguindo as indicacións que se daban. Despois de dar unhas cantas voltas como se pedía resolveu o problema do sol cunha VISEIRA e divisou o paquete sorpresa. Que creedes que agachaba? un bol cheo de moedas de ouro (botóns) e unha caixa de colares auténticos. Ao mariñeiro que había que salvar botaronlle un salvavidas (globo con cordel) e o paquete colleuno outro mariñeiro que sí sabia nadar. A capitana regaloulle o tesouro ao mariñeiro máis valente, educado. listo e limpo (como ten que ser). E este repartiuno entre todos. Despois escribiron todo nunha libreta."
Ademáis tamén fixo os outros retos de hoxe. Onte non esqueceu facer a brúxula e os camiños . Noraboa, Zoe! O teu agasallo xa está preparándose, ainda que ao mellor non será tan estupendo como ese tesouro que recolleches do mar.
Encántame ese conto motor. Mi ben Zoe!
ResponderEliminar