xoves, 9 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 10 DE ABRIL


 DIARIO DE NAVEGACIÓN          DIA 24

Durante esta viaxe o barco  vai ser a nosa casa.  É moi importante que saibamos as partes que ten para non trabucarnos cando nos digan...TIMONEL TODO A BABOR! 
Atendede ben. Mirade esta imaxe e aprendede onde queda cada cousa.




Agora xa podedes recortar e colocar vos as palabras cada unha no seu sitio. Deixámosvos tamén o barco mudo para os máis valentes. 







  CIRCUITO DE ANDAR POR CASA

Tedes que montar un circuito con mobles e cousas que teñades por casa...
unha fileira de coxíns poden servir ...para andar a gatas
o sofa ...para trepar  e camiñar por riba  del
unhas cadeiras que teñan oco...para pasar por debaixo
unha mesa...para camiñar arredor á pata coxa.
Cando cheguedes ao final (hai que acordar na familia como é o percorrido) podedes “desandalo”  ou ir cara o punto de saída camiñando marcha atrás (de pé, a gatas, boca arriba arrastrando o cú, ...). Para volver empezar,  dades 3 saltos e comezades de novo.
Podedes repetilo varias veces intentando ir de cada vez máis rápido.


Ata aquí as probas de hoxe.


Agora               XOGOS DE PEIRAO E CUBERTA


CONTO E MANUALIDADE:            PAXARIÑA DE PAPEL
Estade atentos porque neste conto explícannos moi ben como poñer a mesa. Iso é algo que tódolos días teríades que facer, pero se non é o caso, HOXE SÍ QUE VAI SER! 
Un bo grumete ten que saber facelo moi ben.



Agora, se queredes podedes imprimir esta paxariña e pintala ou decorala con cachiños de xornal coma a do conto. 
Ou se vos atrevedes tamén podedes facer unha por vós mesmos. Recortade dúas tiras de papel rectangulares e un triángulo.  Despois hai que compoñer as pezas. Deixamos unhas instruccións por se as precisades.







SIMÓN MUSICAL
Para levala a cabo precisamos 4 papeis de cores ou teas. Se non temos na casa podemos pintar uns papeis. Poñemos música e…a desfrutar con ritmo! Trátase de seguir o movemento e repetilo, veña… a exercitar a memoria un pouquiño…
Podemos adaptar este xogo a diferentes niveis de dificultade; empregando menos papeis, facendo menos movementos…

Aquí vos deixamos o enlace co exemplo de xogo para realízalo en parellas.




Para os expertos, que xa poden xogar de maneira autónoma vendo o ordenador. 
Aquí vai outro enlace: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario