venres, 10 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O SÁBADO 11 DE ABRIL


DIARIO DE NAVEGACION           DIA 25
Xa estamos na Pascua e aínda que non podemos sair da casa, imos facer que esta festa entre dentro dela. Ademáis, é fin de semana así que toca xogar en familia.


MATEOVOS DE PASCUA
Ides coller uns tubos dos rollos de papel hixiénico, tantos coma cores de pintura distintos teñades. Se non tedes, facede tubos con papel.
O primeiro vai ser xogar a mates con eles. Probade a mollalos nas cores de pintura e facer distintos círculos con eles. Tamén podedes facer unha “carreteira” de círculos ordenados formando unha serie... Por exemplo, vermello-azul-vermello-azul ou  outra con tres cores  verde-amarelo-azul-verde-amarelo-azul. Facede tódalas combinacións que vos apeteza.
Despois aproveitade os círculos feitos para convertilos en ovos de pascua decorándoos cos motivos que queirades...   
Podedes facer raias, puntos, ondiñas, estreliñas, ...


 






DÁNDOLLE MAIS USOS ÓS MATERIAIS DE REFUGALLO

Imos facer un xogo para divertirnos un chisquiño dentro da casa, trátase de encestar, estades preparados?

Primeiro temos que crealo con material de refugallo. Collede un cu de botella, ou un tubo de papel hixiénico tapado por un lado, ou calquera outro bote que teñades pola casa e serva para darlle este uso. Decorádelo, atádeslle un cordón ou un fío de lá. Na outra punta do cordón ou da lá poñédeslle unha boliña de papel  dos que teñades pola casa, de revista, de xornais, de aluminio... 
E xa está listo para comezar a usar. Sorte para encestar!!!



balero con botella plastica | Manualidades con y para ...




TIMBIRICHE. XOGO EN FAMILIA

Nun folio debúxanse moitos puntos ata enchelo de todo.

.  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .
.  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .
.  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .  .

Cada xogador elixe un rotulador de cor diferente.
Agora tedes que ir debuxando liñas que unan dous puntos, cadaquen na súa quenda.
O obxectivo é ir pechando cadrados. Cando o fagades, tedes que marcar ese cadrado como voso. O xogo remata cando xa non quedan  puntos.





O XOGO DE OLIVIA

Este último xogo que propomos hoxe non o imos explicar. Mirade este vídeo e non van facer falta máis explicacións. Atendede e a moverse...que hai que facer exercicio!



Ningún comentario:

Publicar un comentario