martes, 7 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 8 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DIA 22

Os bos navegantes precisan uns bos anteollos cos que observar ben o horizonte, pero tamén uns anteollos moi especiais cos que distinguir sen ningunha dúbida un pirata  bo e valente dun pirata chafulleiro e malvado. Non podemos sair de viaxe se non tedes o voso anteollos fuxe-fuxe.


ANTEOLLOS FUXE-FUXE PIRATA
Como imos facer...
Collemos un tubo de papel de cociña ou un cartón ou papel que poidamos enrollar.  Debuxamos unhas raias da cor que queirades. Formarán a camiseta deste pirata. Lembrade debuxar os brazos e as mans. Agora so falta colorear e recortar as pezas  da cabeza e da espada. Claro que se vos atrevedes podedes debuxar vós a cabeza pirata e maila espada!.





Cando estea rematado, ollade ao lonxe e se vedes un malvado, berrade...MALVADO Á VISTA! A TODA MAQUINA, MEUS VALENTES!...o mellor é manterse ben lonxe.



SALTO DE LONXITUDE

Seguimos co entrenamento. Xa sabedes que hai que poñerse en forma para poder coas tarefas dos mariñeiros. Se queredes non cair a auga cando saltemos ao peirado ou cando teñamos que abordar outro barco deberedes ser quen de dar uns grandes choutos.
Pegade  varios cachos de cinta de carroceiro, cinta adhesiva ou tiras de papéis recortados (ou algo que vos serva de referencia). Poñede mais ou menos distancia entre eles. E … a saltar!!!




Ata aquí as probas do capitán.



Agora ..........XOGOS DE PEIRAO  E CUBERTA

DE MENÚ... XABRÓN AO FORNO
Tedes que coller a bandexa do forno ou cacharro similar que haxa na cociña. Mollade o estropallo e mesturádelle xabrón. Untade ben a bandexa con el e...ala a debuxar! 
Podedes facer raias verticais, horizontais, ondas,  voltas e viravoltas, montañas, caritas, casas, barcos.Todo o que queirades. 
Cando rematedes deixádeo todo ben limpiño e seco, aínda que teñades que pedirlle axuda á familia.



Para rematar SABEDES APLAUDIR?

Ningún comentario:

Publicar un comentario