Chegamos ao mes de Abril e os nosos retos continúan. Hoxe chega o terceiro membro da tripulación a propoñernos as súas probas. Imos ver se saímos tan victoriosos coma das dúas primeiras xornadas.
MARIÑEIRO GRUMETE
Reto 1/
Teredes que amosar as vosas habilidades coma axudantes:
- A cuberta está sucia e toca fregar, a quen lle vai tocar? Espelide antes de que o capitán se enfade!.
-O cociñeiro precisa que collades unhas poucas cousas da despensa, pero só dela. Non, non tedes que facer malabarismos.! Poñede todo no chan ou nunha mesa e facede unha torre que non caia. A ver quen fai a torre máis alta.
Que podedes apañar? Vexamos...un cartón de leite, unha caixa de galletas, un paquete de pasta, unha lata de atún, ... e no curuto unha peza de froita. Cadaquen que faga como poida!.
Reto 2/ Para ser quen de largar amarras ou lanzar a áncora tedes que ser precisos cos lanzamentos. Ademáis, como bós lobos mariños que ides ser tedes que afacervos tamén a estar na compaña de animais mariños. As focas van ser hoxe algunhas das vosas amigas. Podedes convertervos nunha pintando uns bigotes ou facendo esta carauta…ou a diadema (sería para copiar).
Ó mellor preferides convertervos en pingüins. Daquela podedes pintar un trianguliño no nariz, ou facer unha diadema de pingüín.
Xa estades listos? Agora xa podedes intentar o reto.
LANZAMENTO: XOGANDO CON FOCAS E PINGÜINS
Poñede un cubo nun lugar da casa na que non
rompamos nada. Situádevos a 2 pasos do mesmo. Facede unha bola de papel xornal, se non tedes unha pelota. Tratade de encestar no cubo según as consignas
dadas. Ide aumentando a distancia pouco a pouco.
Estas son as consignas:
Estas son as consignas:
Cunha man, coas dúas, cos ollos tapados,
levando a pelota ata o cubo andando coma pingüins, arrastrándovos coma focas…
Apuntade cantas veces conseguides facer canasta, digo “cubo”.
Apuntade cantas veces conseguides facer canasta, digo “cubo”.
Ata aquí o reto de hoxe.
Por último dúas cousiñas para que non vos aburrades.
UN XOGO RIMADO: OS GOLFIÑOS
E un contiño contado por un neno coma vós...PERDIDO E ENCONTRADO
UN XOGO RIMADO: OS GOLFIÑOS
E un contiño contado por un neno coma vós...PERDIDO E ENCONTRADO
Ningún comentario:
Publicar un comentario