Demostrastes
ser uns superheroes e unhas superheroinas axudando á vosa familia,
a tódolos veciños e amigos e tamén a moita xente que non coñecemos, pero que viven no noso pais. Agora toca que vos divirtades antes de iniciar unha nova etapa nesta viaxe.
SOMOS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS
Queremos
que procuredes cousas pola casa, que vos disfracedes do que sodes, uns campeons
(a familia tamén pode) e nos mandedes un vídeo cunha mensaxe falada de ánimo para este
longo tempo que aínda nos queda. Con tódolos vídeos imos facer unha montaxe
para vós, os SUPERHEROES E SUPERHEROINAS do planeta.
Para disfrazarvos precisades algunhas cousiñas
Procurade… un trozo de tela, unha manta, unha toalla… para a capa; un libro, unha tapa dunha
ola... para o escudo; un casco de bici, un gorro… para o casco. De certo, que saberedes sair do paso.POÑÉMOSLLE MARCO
Imos decorar un pouco máis o noso camarote. Podedes enmarcar a vosa foto de capitáns ou facer un retrato voso ou da vosa familia.
Cando o teñades collede uns pauciños ou unhas tiras de cartón ou papel, decorádeos e facede un marco con eles. Este retrato acompañaranos durante toda a viaxe.
Se non tedes podedes decorar este
MANDALA ESPECIAL
Con materiais que atopedes pola casa, facede a vosa composición. Podedes usar tapóns, corchos, hortalizas e froitas, (pero sin estragalas que despois hainas que comer), legumes, xoguetes pequenos… a imaxinación é libre. Poñémosvos algún exemplo para que non vos sintades perdidos.
Encantame ese barco con eses capitáns e capitanas tan traballadores. Saudos a tod@s
ResponderEliminarÉ un detalle ben pequeno para o gran labor que fixeron tódolos nenos e nenas, pero a nós tamén nos fixo moita ilusión poder "darlles" algo na distancia.
Eliminar¡Qué tripulantes e barco tan fermosos!
ResponderEliminarGenial este barco con esta tripulación!!!
ResponderEliminar