Hoxe son os cociñeiros do barco os que teñen que poñerse coas mans na masa.
É Domingo de Pascua. Toca celebrar e cociñar, desfrutando desta festa.
O primeiro é cociñar ...ovos
DECORA O TEU OVO
Tedes que coller este ovo baleiro e decoralo libremente. Coma onte xa empregastes pinturas e pinceis, hoxe imos variar un pouco. Podedes pintar o fondo e pegar boliñas de papel ou facer cachiños e encher todo o ovo de diferentes cores; podedes facer collage con arroz, lentellas,... podedes estampar con corchos ou tapóns...todo o que se vos ocurra.
Tamén, deixámosvos outros modelos para que os pintedes como queirades.
MARATÓN COCIÑEIRO...1, 2, 3 ,4 .....PAAASCUA!
Imos deixarvos varias posibilidades de lambetadas e sobremesas...vós escolledes!. Tedes dúas de chocolate e dúas tradicionais. Podedes probar a que vos apeteza ou facer outra que queirades vós, pero podedes darlle un toque deste momento pascuero.MARATÓN COCIÑEIRO...1, 2, 3 ,4 .....PAAASCUA!
Deixamos as instruccións da "chocolatada".
Para as receitas tradicionais, TORRADAS (torrijas) e LEITE FRITO, preferimos que as fagades como tedes costume.
Eses grumetes e cociñeiros teñen que participar, claro!. E si gravades algo ou compartides a vosa receita familiar, mellor que mellor.
*PIRULETAS DE CHOCOLATE
*OVOS DE CHOCOLATE
AQUI ATOPAREDES A RECEITA
PARCHIS EN FAMILIA
TEATRO EN FAMILIA
O conto da"toupiña" contado dun xeito moi especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario