Brais, da aula de 5 anos, por fin é quen de asomarse á nosa xaneliña; seica tivo algúns pequenos problemiñas. Pero non estivo parado todos estes días. Traballou moito e fixo cousas preciosas. Ollade!
Fixo un especial arco da vella no que lembra a tódolos compañeiros da súa aula, montou un supermercado e fixo uns estupendos barcos que teñen moitas posibilidades de flotar. Benvido, Brais!.
Que alegría ver a este peixiño despois de tanto tempo!!!
ResponderEliminarUn tempo no que traballou a reo, como de costume, e fixo cousas moi, moi chulas.
Noraboa Brais polo teu traballo.
Moitos bicos.