luns, 16 de marzo de 2020

TAREFAS ESCOLARES NA CUARENTENA.COMEZAMOS

Boas, familias!
 Dada a situación na que nos atopamos na cal non podemos seguir adiante coa rutina escolar habitual, dende o equipo de Educación Infantil imos  ir colgando no blogue diferentes propostas de actividades, sempre voluntarias e coa intención de darvos ideas para estes días. Se vos animades a facelas, podedes inmortalizar os momentos con fotografías ou gardar os debuxos ou creacións que vaiades facendo para traelas e ensinalas na escola cando volvamos a comezar a rutina escolar. Por outra banda, queremos recordar que esta situación podemos aproveitala para desfrutar en familia deses momentos que na rutina da vida cotiá se nos fai complexo; conversar máis, tomarse as cousas con máis calma, cantar cancións, contar contos, xogar xuntos... Estes días tamén poden ser unha boa oportunidade para seguir traballando os hábitos de autonomía; de hixiene, de orde, de vestido, as tarefas domésticas...En definitiva, para levar a cabo as tarefas da vida práctica.

 Algúns exemplos poden ser:
 Vestirse e desvestirse sos (contamos con máis tempo, non hai présas)
Axudar a preparar o almorzo, a comida e a cea.
Poñer e recoller a mesa. Axudar a tender a roupa.
Axudar a facer a cama.
Colocar a roupa no armario.
Levar a roupa usada ao cesto da roupa sucia.
Axudar a poñer a lavadora.
Regar as plantas.

Maria Montessori - Wikipedia an piemontèis, l'enciclopedìa ...
"Calquera axuda que non se precisa é un atranco para o desenvolvemento propio". María Montessori

Ningún comentario:

Publicar un comentario