luns, 30 de marzo de 2020

PROPOSTAS PARA O MARTES 31 DE MARZO

DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍA 14
Xa vemos que estades cumplindo  moi ben cos retos dos cociñeiros. Non esquezades poñer a marca no bingo se fixestes 1 ou 2 retos.

Agora toca empezar cos retos de HOXE:

-MARIÑEIRA DE AUGAS
Xa sabedes que é moi dificil moverse nun barco. Asi que deberedes demostrar que sodes quen de gardar ben o equilibrio e mantervos firmes na cuberta sen problemas.

RETO 1/
Deberedes practicar 3 posturas en equilibrio. 3 días desta semana porémosvos aquí  unha postura que teredes que imitar. Cando consigades poñer a postura sen caervos, facede a foto. 
Se sodes quen de manter  as 3 posturas conseguiredes este reto.
Imos empezar por esta:




RETO 2/
O seguinte é un reto creativo.
Tedes que imaxinarvos na cuberta mentres o vento zoa forte e abanea o voso barco. As augas do mar caen sobre vós a caldeiros e non podedes facer o voso traballo.
Inventade unha maneira de protexervos dos embates do mar.  Argallade algo, montade un estaribel de protección, disfrazádevos, ...  e explicádenos que  ides facer para non mollarvos máis da conta. Podedes gravar un vídeo ou facer unha foto co que inventedes.

Navegar en Alta Mar

Ata aquí os retos de hoxe.

Agora deixámosvos dous xoguiños máis para pasa-lo día.

O XOGO DAS PISADAS:    (equilibrio e coordinación)
Tedes que coller  cartolinas, follas, sobras de papel, o que teñades por aí, e recortar unhas pisadas dos dous pés e máis uns círculos. Haberá que pegalos ao chan con cinta adhesiva formando un circuito.
Podedes  xogar a pasar co pé axeitado por riba e saltar encima dos círculos. Tamén podedes inventar novas consignas como saltar á pata coxa na beira de cada pé de papel, coas pernas abertas deixando os dous pés de papel no medio, ao redor dos círculos de papel. 
Cadaquen coma queira.

Outra posibilidade que tedes é poñer lonxe os círculos para dar choutos máis grandes ou facer unha ringleira alternando  pés dereitos e esquerdos para que o neno teña que ir cruzando as pernas.




TRASVASES LÍQUIDOS
Xa sabemos que ésta é unha actividade moi completa que ademáis de traballar a coordinación óculo manual, permítenos explorar volúmes, pesos e dimensións; traballar a atención e a concentración; e por suposto a motricidade fina. Ademáis de todo isto, poden ser moi divertidos...
Desta vai unha de trasvases líquidos, tedes varias opcións para levalos a cabo... Ánimo!!
Indicacións xerais importantes: colocamos a bandexa na mesa, de maneira que o recipiente que contén o líquido lle quede á esquerda ó neno/a.

Podedes:
ESPREMER UNHA ESPONXA:
Precisamos unha bandexa, dous recipientes,  unha esponxa e un trapiño para limpar a auga que se poida derramar na bandexa.
No recipiente da esquerda poñemos un pouco de auga, coa axuda da esponxa temos que tratar de levar a auga ó outro recipiente. Así, empapamos a esponxa no recipiente da esquerda e esprememos no recipiente da dereita. Ata que rematemos a auga do primeiro recipiente.


XERRA E  VASO
Se non temos xarra apropiada podemos poñer dous vasiños ou recipientes que vexades.
Trátase de que o neno/a colla a xerra ou recipiente que ten con auga a súa esquerda,  que a mova ata o vaso que ten a súa dereita, que a incline e verta o líquido tratando de centrar o chorro.
En lugar dunha xarra e un vaso, podemos empregar dous recipientes e trasvasar a auga cunha culler, cunha pipeta, cunha xeringa…


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario