Mirade polo "ollo de boi". Vai sol? Siii! Pois a saúdalo! Tedes as instruccións necesarias no diario de navegación deste martes.
Espero que esteades apuntando o día e algunha outra cousiña no caderno de bitácora...!
DIARIO
DE NAVEGACIÓN. DÍA 7
Xa temos moitas cousas preparadas para a nosa
viaxe. Pero,... que imos levar como equipaxe?. Non está preparado aínda? Hai que
solucionalo xa!
-FACEMOS
A MALETA.
Collede un cartón grande ou unha caixa
(cereais, zapatos...) facemos unha asa para despois pegala . Se non sodes quen , non vos preocupedes. Tamén podemos embarcar cun baúl. Decorámola como queiramos. Podemos usar ceras, pintar con pinceis, cos dedos, poñer pegatinas,
cachiños de papel o forrala con revistas e xornais… e dámosvos outras ideas
por si vos apetece probar novas técnicas.
Decorámola con... monstros de pintura con palliñas
Pintamos
cunha palliña introducindo nun extremo un pouco de pintura líquida e soplamos despaciño para expandir a pintura e crear monstros coma
éste.
pompas e palliñas
pompas e palliñas
rolos de
papel hixiénico
Pintura
con vaporizador
Cando seque colocámoslle selos de sitios onde viaxamos. Se
vos atrevedes, tamén podedes vós confeccionar algún.
-CONTA
QUE TE CONTA!
Trátase de contar obxectos, persoas,
palabras... todo aquilo que se vos ocorra. Aquí van algúns exemplos:
¿cantas froitas hai no froiteiro?
¿Cantos cartóns ou botellas de leite?
¿Cantos pratos puxeches na mesa para comer?
-RUTINA DE MOVEMENTO
Se imos viaxar durante tanto tempo, haberá que pensar en tomar o aire e
saúdar na cuberta cada mañá ao espertar. Será mellor que vaiades aprendendo a
facer este SAÚDO AO SOL
Ningún comentario:
Publicar un comentario