sábado, 21 de marzo de 2020

PROPOSTAS PARA O DOMINGO 22 DE MARZO

Como hoxe é DOMINGO imos facer cousas especiais. Para empezar temos dúas rutinas que podedes incorporar ás vosas actividades. Lembramos o correo por se queredes compartir cousas con todos.......... parrococamilo@gmail.com

DIARIO DE NAVEGACION .DÍA 5
1/A primeira...
SAUDAMOS A MAÑÁ EN INGLÉS
Aquí vos deixamos a canción que empregamos no cole para iniciar a clase coa “teacher”




2/ A segunda é mellorar a información que poñedes no voso diario de navegación con esta ficha moito máis completa que nos comparte o debuxante Dalmaus traducida ao galego por Cristina Delgado.  

AQUÍ para imprimir
 Se ata agora non fostes apuntando as vosas emocións diarias e as actividades preferidas, aínda estades a tempo de facelo. Esta ficha forma parte dun conto máis completo que tamén deixamos aquí por se queredes colorealo.
Enlace conto colorear



SEGUEMOS COAS PROPOSTAS PARA HOXE

Pero imos ao noso choio... Esta semana que ven celebrariamos no cole a Semana da Poesía, que coincide coa entrada da primavera, asi que estes días imos xogar a SER POETAS! .
A poesía é un bo entretemento para eses longos días no mar, mentres agardamos chegar a algún porto. Como imos facer? Atendede.


IMAXINANDO  MUNDOS (1ª parte)
Falamos en familia...Onde nos gustaría ir? Que recunchiño da cidade ou de Galicia adoitamos visitar?
Imos ir ata alá...pechade os ollos, lembrade como é ese sitio e ide dicindo o que atopariamos nun día da primavera no chan, no ceo, nas árbores.  Que sonidos escoitamos?. A que arrecedende?
 Ímosvos axudar . 





Aqui vos deixamos outras dúas propostas musicais para escoitar se queredes:




Podedes coller follas e pinturas e ir debuxando o que vos suxira a música, bailar ó seu son, ou observar as imaxes dos vídeos. Tamén podedes escoller vós unha música que vos pareza “primaveral” e pintar ao seu ritmo. Nese caso non esquezades compartila con todos. Gustaríanos moito escoitala tamén.



TOCA AMASAR: ¡PASTA DE SAL!.
Facede a masa como se explica nas instruccións, xogade con ela e facede unha medalla. Merecédela por aguantar tan ben esta primeira semana de peche.! Felicidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario