Isto é o que se nos ocurriu...
-ELABORAR UN DIARIO DE NAVEGACIÓN
Estes días que estamos pechados na casa imos levar un diario de navegación. Non somentes van viaxar os nosos amigos Magallanes e Elcano. Nós tamén imos poñer rumbo a calquera porto que nos apeteza.
O primeiro é falar...unha viaxe é algo emocionante. Como nos sentimos agora? Seremos quen de prepararnos para a viaxe?
Imos levar un diario de navegación. Cada día deberemos:
- apuntar a fecha dese día, o nome e o número do día. Cadaquen como poida. Se non, poden apuntalo os adultos ou irmáns maiores.
-Debuxaremos como nos sentimos (podemos facelo ao principio e ao final do día, ou cando queiramos).
-Apuntaremos, debuxaremos ou faremos fotos de algo do que fixemos ese día.
As fotos podedes envialas se queredes ao correo do cole parrococamilo@gmail.com
comentando que estades facendo. Publicarémolas para que as vexamos todos. Será un xeito de sentirnos máis cerca.
-Ao final do día gardaremos todo na caixa ou no caderno.
Ademáis, farémosvos tódolos días unhas propostas que vos axuden nesta viaxe. O resto deixámolo á vosa imaxinación.
PARA EMPEZAR...
Preparamos O CADERNO OU A CAIXA (segundo o que teñades na casa). UNHA CARPETA para gardar as follas e fotos tamén valerá. Usade por exemplo unha caixa de cereais ou unha cartolina para facer as tapas do cuaderno. Se lle facemos dous buratos e un fio de lá poderemos agarrar nelas as follas que usemos. Decorar unha caixa tamén será un bó entretemento.
-CONTO: O MONSTRO DE CORES
(publicado polo cole SAgrado Corazón de Pontevedra)
Podemos escoita-lo conto ou facer que nolo conten os nenos se o coñecen.
Tedes estes debuxos para colorar
https://drive.google.com/drive/folders/1zzRdTnRNDzpeFrrb45_KopMRt0iqRwHR
-MOTRICIDADE GROSA: XOGAMOS ÁS AGACHADAS CON OBXECTOS
Trátase de escoller algúns obxectos que teñamos pola casa, acordar cales, e escondelos, unha vez agochados temos que atopalos e ir dicindo o seu nome, ou inventar un conto con eles.
Variante: xogo das agachadas coas persoas
-XOGO DOS TRASVASES
Son exercicios óculo-manuais que están presentes na vida cotiá. Consiste en traspasar sustancias, vertelas, pasalas de un recipiente a outro... favorecen tamén a motricidade fina (preparan a man para utilizar obxectos e precisan o xesto), destreza, forza, concentración, confianza en si mesmo... E indirectamente, preparan para iniciarse na lectoescritura.
Para esta actividade precisamos dous recipientes, un culler e material sólido para facer os trasvases como xudías, pompóns, garavanzos, lentellas... ¡o que se vos ocorra!. Nun dos recipientes, colocado á esquerda do neno/a, metemos o material, e o outro deixámolo baleiro para que o neno/a pase co culler os materiais ao recipiente que ten á súa dereita. É importante que os trasvases se fagan de esquerda á dereita xa que serve para prepararse para a lectoescritura.
Se tedes outros utensilios, en lugar de culleres podedes
empregalos; pinzas ou outros obxectos que nos serven para coller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario