Paseniño
foi chegando a fin de semana que dende sempre é o momento máis familiar. Aínda
que agora estamos pechadiños na casa, non queremos que o finde perda o seu carácter tan especial. Daquela as
propostas do sábado e domingo van ser máis de “facer todos xuntos”.
XOGOS DE MESA
Convídámosvos a xogar cos xogos de mesa e cartas que teñades na casa, todos xuntos, dos xeitos que saibades xogar. Para non perder o costume de facer algunha cousiña podedes construir entre todos un TRES EN RAIA ou varios.
Podedes facelo debuxando o taboleiro e procurando dous grupos de cousas iguais. Ou podedes unha vez máis aproveitar a usar as cousas de refugallo que vos van quedando pola casa.
O
MEU CONTO FAVORITO
-Escolle
o teu conto favorito para que cho conten e… ¡A desfrutar!
Bueno, bueno... por que non nolo
contades a todos nós? Seria estupendo para todos. Animádevos. Ou polo menos ensinádenos que conto escollestes.
Outras cousas que os nenos e nenas podedes facer a partir do conto son:
Conta
ti o conto a túa maneira e grávao.
Fai un
debuxo sobre o conto ou outra creación que se che ocorra.
Inventa
un final diferente para o conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario