DIARIO DE NAVEGACIÓN 10
ARGALLANDO COA
TRIPULACIÓN feminina
Xa enrolastes os homes na tripulación?.
Pois, veña, imos agora coas mulleres. Igual ca onte temos: capitana, mariñeira, cociñeira, mecánica e ademáis mariñeira con roupa de augas.
Pois, veña, imos agora coas mulleres. Igual ca onte temos: capitana, mariñeira, cociñeira, mecánica e ademáis mariñeira con roupa de augas.
De novo tes que imprimir en cor ou en blanco e negro o
modelo sen roupa e despois os corpos ou pezas cos que desexes xogar. AQUI tedes todo o necesario.
Con estes xoguetes xa feitos podes igualmente facer coma
onte.
XOGAR
A VESTILOS. Xa tes bonecos e bonecas para a túa
tripulación. Cámbiaos de roupa canto queiras. E non esquezas poñerlle nome.
XOGAR COS BONECOS Seguir montando as túas historias e creando espacios onde desenvolvelas.
Lembrade: Non fai falta que imprimades todos, podedes escoller.
Se non queredes imprimir en cor deixamos os personaxes en blanco e negro para que
os poidas colorear.
-SEGUIMOS
CO BONECO DE CARTÓN
Esta era a segunda opción de traballo que tiñamos coa
tripulación. Agora toca facer o sombreiro, a camiseta e o pantalón. Quen
queira tamén pode atreverse co chubasqueiro e o gorro de agua.
Para facer o sombreiro colleremos unha folla ou un papel de
xornal. Podemos pintalo ou non segundo queiramos. Teredes que fixarvos no tamaño apropiado para o boneco que ides facer. (mirade como fixestes de grandes as botas onte)
Neste vídeo podedes ver unha sinxela maneira de facer o sombreiro.
Neste vídeo podedes ver unha sinxela maneira de facer o sombreiro.
Para facer a camiseta e o pantalón, debuxade, recortade e coloreade. Tamén podedes aproveitar a roupa que tiñades xa preparada na maleta.
(Os que estades vestindo á vosa boneca facédelle un sombreiro
do seu tamaño e un chubasqueiro. Podedes pasar un fío de lana nos ombreiros e suxeitalo á boneca ou aproveitade
a vestila coa súa roupa).
Agora chegou o momento da montaxe. Pegade todo o que fixemos nun carton, compondo a figura. Facédelle os detalles...cara, pelo, o que vexades que falta. Recortade ó redor o cartón para darlle forma a silueta. Xa tes un boneco mariñeiro para xogar.
E non esquezades enviarnos ás vosas historias. Encantaranos escoitalas.!

COCORICO
Este é un pitiño moi especial. E especial vai ser tamén como nos acheguemos a súa historia. Imos navegar un pouco por este recurso dixital.
PREMEDE AQUÍ
E como levades moito tempo sentados, veña a MOVER O ESQUELETE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario