Un día máis, moitos ánimos. Nós non deixaremos de mandarvos propostas. Vós encargádevos de que estes días, aquí "pechados", o mar estea en calma. Graciñas por tódalas fotos que estades mandando. Fan que os nosos ánimos tampouco baixen.
1/DIARIO
DE NAVEGACIÓN. DÍA 6
-SOMOS
MARIÑEIROS
É tempo de falar sobre quen pode ir no barco, ...que cousas fai o mariñeiro e o capitán?. Facede unha listaxe nun papel. Quen
sodes vos? Sabedes que aspecto ten cada un?.
Ollade estas fotos e escollede o voso papel no barco.
Agora a debuxarvos como capitáns ou mariñeiros con esta actividade...
e a aprender ben esta canción:
"EL MARINERO BAILA"
AGORA OUTRA PROPOSTA COA PRIMAVERA...
2/ ENCHENDO PETOS. IMAXINANDO MUNDOS(2ª parte)
-O MEU RETRATO!
Imos a buscar un espello pola casa para observar ben como somos, fixámonos nas distintas partes do corpo e mirándonos no mesmo facemos un debuxo, o noso retrato. Podemos poñer a data na que o facemos para ir vendo a evolución do noso esquema corporal.e a aprender ben esta canción:
"EL MARINERO BAILA"
AGORA OUTRA PROPOSTA COA PRIMAVERA...
Agora que xa estades de volta do paseo, lede primeiro este poema
E despois probade este xogo en familia...
“DO PASEO VEN UN NENO CARGADO DE...” Ides dicindo cada un o que leva nos petos ata que vos cansedes.
A algunhas das cousas que digades dádelles unha pequena volta poética ( por exemplo “caracois a centos” ou “redondas pedras”) e decorades unha tarxeta coa frase escollida. Tamán podedes pegar as palabras nos debuxos que antes fixestes ao ritmo da música. Envíadenos a foto e non esquezades gardar as tarxetas no caderno ou na caixa e traelas ao cole cando volvamos. Alí faremos un poema con tódalas tarxetas e debuxos que traiades.
¡A
SEMENTAR!
Para esta actividade precisamos un vaso ou
recipiente, algodón e lentellas, garavanzos ou xudías... e un chisquiño de
auga. Deixámosvos un vídeo explicativo de como podemos facelo.
¡A observar como xermina a planta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario