Nós, puntuais coas nosas propostas e agardando máis fotos e todo o que queirades compartir con peques e maiores. Lembramos para os despistados... parrococamilo@gmail.com
Graciñas e moitos ánimos.
DIARIO DE NAVEGACIÓN. DÍA 3. CHEGOU A PRIMAVERA
Este venres é un día especial no que comeza meteorolóxicamente a primavera, un día especial que no cole aproveitariamos para saír ao xardín e poñer atención en tódalas pequenas cousiñas que están cambiando na natureza. Como non podemos sair, imos facer que a primavera entre na vosa casa e empece a encher cada recunchiño. Pero, que digo...! Se estabamos a viaxar no noso barco.! Entón non nos vai quedar máis remedio que levar a primavera ó noso camarote (a nosa habitación) e a tódalas partes do “barco” que queiramos.
Aquí tedes algunhas ideas para esta decoración na que nos podemos entreter varios días.
E xa sabedes como é un barco por dentro? Elcano
e Magallanes amósannos como era o barco no que viaxaron. Semella que eles tamén
estaban en cuarentena.! A ver como queda o voso camarote despois de decoralo...agardamos fotos e debuxos.!
Por certo, xa escollestes nome para o voso
barco? Non poderemos facernos á mar, se non temos un bó nome. ...A Pensar!
Veña, MEUS VALENTES.! Non esquezades poñer o
día de hoxe no diario e apuntar como estades de ánimo e tamén algunha actividade que vos gustou facer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario