DIARIO
DE NAVEGACIÓN 9
-ARGALLANDO COA TRIPULACIÓN
Para navegar no noso barco precisamos moita
xente. Estades dispostos a enrolar uns amigos moi especiais na vosa tripulación?.
Fran Pena, pai da aula de 3, e veterano xa na nosa familia educativa, comparte connosco estes debuxos da súa autoría para que poidamos desfrutar cunha proposta moi orixinal e feita especialmente para todos nós.
Hoxe temos dúas alternativas diferentes para adaptarnos a tódalas situacións e cousas que teñamos na casa. Podedes facer unha das tarefas ou as dúas. Cada quen como vexa...
1/Imos FACER UNS XOGUETES con estes personaxes.
Imprimide o modelo sen roupa (que está no pdf) e as distintas prendas, recortádeas e pegádeas nun
cartón ou cartolina. Na foto superior tedes os modelos. Xa tedes un xoguete co que entretervos varios días!.
Podemos...
Podemos...
XOGAR A VESTIR A...
Ponlle un nome o teu personaxe! e cámbiao de
roupa canto queiras.
XOGAR COS BONECOS FEITOS
Cos distintos personaxes poderás montar as
túas propias historias. Onde van ir , que cousas teñen que facer, .... Coas
contrucións que teñas na casa monta un barco ou un porto e deixa voar a
túa imaxinación.
Non fai falta que imprimades todo, podedes
escoller. E se non queredes imprimir en cor , deixámosvos os personaxes en blanco e negro
para que os poidades colorear.
Pero, atentos! Este non é un mundo de homes.
Mañá poremos os personaxes femininos!
2/ A outra alternativa é facer un boneco
de cartón grande peza a peza. (Tamén podemos ir facéndolle o vestido a unha boneca das que
tedes para xogar). Esta actividade vai durar varios días nos que iremos
propoñendo distintas cousas. Ao final montaremos o boneco.
Hoxe toca facer as BOTAS DE AUGA. Collede un
cartón, debuxade unhas botas de auga (os maiores poden axudar) e pintádeas como
queirades. (Se ides vestir a boneca teredes que facelas do seu tamaño).
-NA
NOSA MALETA FALTAN TRES...
É un xogo de buscar. Imos procurar máis
cousas para a nosa viaxe. Teredes que
buscar 3 cousas cunha característica que vos digan na casa. Por exemplo,
redondas, cadradas, grandes, suaves, cun bo cheiro, das cores
pedidas. Pero non podedes metelas na maleta se non explicades para que van
servir na vosa viaxe. Os que poidades
escribide nun papel, os demáis a debuxar.!
-XOGO DO ESPELLO
Precisamos polo menos dous participantes neste
xogo, aínda que poden ser moitos máis. Un deles vai ser o que dá as ordes:
fará distintas posturas, xestos, movementos... e os demáis, os espellos, terán
que imitalos e facer o mesmo movemento. Escollede música clásica ou
instrumental que vos guste e... concentrádevos e a desfrutar.!
Ningún comentario:
Publicar un comentario