sábado, 28 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O DOMINGO 29 DE MARZO

DIARIO DE NAVEGACIÓN DIA 12

É domingo e, como vos dixemos, hoxe toca tamén xogar e moverse en familia. Ainda así non esquezades apuntar un día máis no caderno.
Imos aló

XOGO DA OCA  DA EDUCACIÓN FÍSICA
Nesta especial oca tedes unha casillas moi marchosas nas que teredes que facer moito exercicio.
Podedes xogar mirando o taboleiro na pantalla do ordenador, tirando un dado (normal, online, unha bolsiña con papeis ata o 6) e apuntando en que casilla vai caendo cada un.

 ou podedes xogar no taboleiro normal xogando só ata a casilla 25 e facendo igualmente as ordes da oca que propoñemos. Ó chegar a esta casilla podedes continuar co resto das casillas de xeito normal, se queredes. Sería unha oca mixta.

Tedes AQUI o necesario.


XOGANDO NA PRAIA.
Collede unha caixa de zapatos Facédelle uns buratos circulares a tapa e pintádea coma se fose un mar ou unha praia. (tamén podedes usar un cartón que despois colocaredes encima de 4 cacharriños de plástico que lle fagan de soporte) .
Cando estea seca podedes comezar a xogar. Hai que intentar meter tapas (peixes), ou bolas saltarinas ou canicas polos buratos (empurrando co dedo, soprando, movendo a caixa para os lados...). Ide contando tódalas tapas que metedes en cada quenda. Gaña o que chegue a 10 (ou o número que decidades). Tamén podedes xogar a canxear un número de tapas acordado por outra cousa da que dispoñades  e decidir cantas desas hai que conseguir para gañar.


sailboat-footprint-craft-for-kids





RECONQUISTANDO
Este fin de semana celebramos a festa da  Reconquista. Non podemos sair da casa, pero si que podemos preparar un cartel sobre a "Reconquista" que agora estamos a facer, a do noso futuro.
Colorea, copia ou inventa un cartel coma este no que lle digamos ao mundo que os vigueses loitamos contra o coronavirus. Podedes poñelo na fiestra e... non teñades dúbida! Ao mesmo que daquela contra os franceses,...Nós imos vencer!





OUTRO POUQUIÑO DE MARCHA
Imos ver se somos quen de inventar distintos xeitos de andare bailar con este ritmo da Marcha Radetzky

Ningún comentario:

Publicar un comentario