Animádevos a seguir mandando fotos; por aquí estamos encantados de poder asomarnos ao voso "día a día".
Moitos ánimos nunha xornada máis e felicidades a tódolos "pepes e pepitas".
DIARIO
DE NAVEGACIÓN. DÍA 2
Xa tedes os cadernos, caixas, carpetas,
preparados?
Pois
imos seguir. Apuntamos o día de hoxe,
miramos como estamos de ánimo e... AVANTE TODA!
Uy, non...que ainda non temos barco!
Imos viaxar dentro desta casa-barco,
pero...como é un barco. Magallanes e Elcano levaban 5 na súa viaxe. E nós, que
imos facer.?.
Procurade unhas imaxes na internet e mirade
que barco precisaremos. Como terá que ser ...grande, pequeno, alto, baixo? de
que cor, terá ventanas?
Este vídeo pode axudar
Despois de mirar que tipos de barcos hai polo
mar e de escoller o que vos gustaría, ATREVÉDESVOS A DEBUXALO?.
O mellor é que pechedes os ollos e intentedes
facelo soiños...pero se non sodes quen de facelo, podedes botarlle unha ollada
a este vídeo que escollemos para nenos grandes e máis pequeniños.
“Louie dibújame un gran barco”
Agora que xa temos o barco debuxado poñédeo
nun lugar especial. Vainos facer falta unha canción...sabedes cantar “o barco
chiquitito”? Noooon...! Acordaranse as mamis e papis. Nooon...! Veña avisade
aos avós e avoas...que se poñan a cantar xa! Aprendédea entre todos e se alguén
quere mandar un audio ou vídeo xa sabedes o enderezo parrococamilo@gmail.com. E non
esquezades as fotos das actividades que queirades compartir.!
MOTRICIDADE
FINA; CREAMOS UN COLAR CON MACARRÓNS
Buscamos un cordón ou fío, collemos uns
macarróns e … ¡poñémonos mans á obra!, tratamos de meter os macarróns polo fío,
exercitando así os dediños. Se vos apetece e tedes na casa material, tamén
podemos pintar antes os macarróns.
XOGO
DE PISTAS: REMEXENDO NAS CORES
Se onte lestes o conto “Monstro de Cores”, xa
estades preparados para este xogo. Tedes que procurar cousas dunha cor acordada
pola casa e levala a un punto acordado. Podedes xogar collendo de cada vez unha
cor ou pedir varias cores á vez. Cando teñamos moitas cousas xa podemos colocar cada cor nunha caixa ou bolsa para
xogar a clasificar “cada cousiña no seu lugar”. Tamén podemos falar de que
cousas nos gustan máis e por que.Tamén podemos lembrar as cores e emocións do
conto. Despois...a ver que se atreve a inventar un xogo novo con todo o que
temos nas bolsas.!
Gracias por todas las propuestas
ResponderEliminarEstar aí apoiándovos é parte do noso traballo e facémolo con gusto. Grazas por comentar.
Eliminar