Ola, navegantes!
Comezamos a nosa 3ª semana de
preparación da viaxe e temos que mirar se estades ben preparados ou non. Temos xa...
caderno de bitácora, barco, maleta, roupa,
tripulación... e moitas gañas de viaxar. Pero, ...falta “probar” as vosas
habilidades e completar uns poucos
detalliños que nos permitan zarpar.
Esta semana teredes que ir cumplindo uns RETOS
que vos imos propoñer. Temos para tódolos gustos: retos para aspirantes a mariñeiros, cociñeiros,
mecánicos e, claro, capitáns e capitanas!.
-Podedes escoller un personaxe e facer os seus
retos
-Podedes facer retos “salteados” pica e pica, coma se fosedes Cocorico
-E Podedes facelos TODOS, iso queda para os
máis valentes que levarán un certificado de LOBOS DE MAR.
Todos levaredes un pequeno agasallo polo voso
esforzo, pero aínda non vos imos dicir cal é ...primeiro teredes que cumplir
cos traballiños!.
Atendede
ben que as instruccións non son sinxelas.
Ides ter un cartón de bingo cos personaxes
protagonistas dos retos: 2 retos por cada ún.
Cando cumplades un reto poñede un sinal na
casilla do personaxe cun rotu ou lápiz. Se non queredes/ou non podedes imprimir
o cartón de bingo apuntade o reto que fixestes no caderno de bitácora e
decídenolo. Nós marcáremolo por vos e colocarémolo no blog para que o vexades.
Iremos revelando as tarefas dos retos pouquiño
a pouco. Vós podedes facelos ao longo de toda a semana, cando poidades. Non ten
que ser o día que o publicamos.
RETOS PARA O LUNS
COCIÑEIROS
Reto
1
Tedes
que facer algo na cociña co permiso das vosas familias. Dámos 3 opcións.
Podedes facer unha, ou dúas ou as tres. As que queirades. Facede fotos.
Cociñade...
Cociñade...
-zumo
de laranxa
-batido
-bocata
Podedes tamén facer un debuxo ou escribir a receita.
Reto
2
-Imos
facer unha ensalada moi especial...Collede unha folla, debuxade un plato e seguide as instruccións; canto máis rápido o fagades máis divertido será.
Algúen da familia terá que ir léndovos os pasos. Deixámosvos unha guía rápida para os máis espilidos, e outra máis sinxela?? para os máís peques.
PARA MÁIS PEQUES |
Para que non vos sintades sós na cociña aquí vai esta curta cun conto moi cociñeiro e contado dun xeito moi especial.
A MELLOR SOPA DO MUNDO
Ata aquí o reto de hoxe. Agora outras dúas propostas para non aburrirse.
MATEXOGANDO: OS BOLOS DE ANDAR POR CASA
Collede tubos de papel hixiénico. Pintade cada un dunha cor e debuxádelle (ou pegádelle) un número diferente a cada ún. Serán os puntos que se gañen. Despois facede unha bola con papel albal, xornal ou o que teñades polo casa e a xogar con estes “bolos”.
Tamén podedes usar botellas, decoralas e pegarlle un papel co número.
Os peques poden debuxar os puntos do número.
OS OBXECTOS DA MIÑA CASA. XOGO SENSORIAL
Facede unha procura de
tesouros pola casa collendo de 5
a 10 obxectos de distintas formas, cores e tamaños.
Poñédeos nunha mesa. O xogo consiste en observalos durante 2 minutos. Pasado ese
tempo, tapádeos cun pano. Os xogadores teñen que decir, escribir ou debuxar todos
os obxectos que lembren.
Destapade e comprobade cantos obxectos fostedes quen de
lembrar.
Outra posibilidade é retirar un obxecto sen
que os nenos miren e que adiviñen cal falta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario