martes, 24 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 25 DE MARZO

DIARIO DE NAVEGACIÓN. DÍA 8

-ENCHEMOS A MALETA
Sodes moitos os que xa tedes a maleta disposta para a viaxe. Pero, está baleira! Que podemos meter nela?. 
 Imos facer  toda a roupa que precisamos. Debuxa, recorta, colorea, pega en cartulina, papel ou cartón  tódalas prendas que queiras e méteas despois na maleta. Deixamos estes modelos por se os precisas.





Os máis expertos podedes intentar facer este origami...Ollade…



 pero coidamos que é ben dificil.


-CALCETÍNS EN APUROS.
Os calcetíns dos nosos caixóns están moi aburridos. Por que non os sacamos un chisco a pasear.?Veredes que ben o van pasar!
Collede unha chea deles de distintos membros da familia  e métedeos todos nunha cesta ou similar. Que podemos facer agora? Ollade...


- XOGAR A CLASIFICAR
Nunha corda con pinzas colgamos todos os  iguais escollendo de cada vez un criterio dintinto de cor,  tamaño, debuxos que teñan, ...Se sodes varios, nenos e adultos, podedes inventar unha rifa para facelo. Por exemplo, 1,2,3 que calcetíns tes! e quen apande ten que procurar e colgar os que lle digan.

 -PESCAR A CEGAS
Tapamos os ollos e intentamos atopar no cesto o calcetín que nos piden: grande, pequeno, un que leva pompóns, ...teredes que adaptalo aos que teñades na casa.



- FACER UN POUCO DE TEATRO
Escollede dous cada ún (podedes xogar moitos) e inventemos unha historia ou pequenos diálogos. (Foto e/ou vídeo, porfa, tamén podedes só gravar o audio).

-Ao final XOGAMOS A EMPARELLAR 
(cada un coa súa parella). Envolvemos un co outro dese xeito que o fan os maiores. Pero non pensedes que esto acaba aqui porque para recoller todo no seu sitio tedes que facer algo especial...

-INVENTADE UNHA XINCANA...
Levade os calcetíns pequenos dando saltiños ata ao seu sitio na habitación; os calcetíns de papá  na cabeza sen que caia nengún; para  os de mamá   haberá que  facer un itinerario. "Da cociña ao baño, do baño ao salón, 3 saltos no corredor e carreira ata á habitación". Sede creativos, cada ún sabe como é a súa casa.

Desta maneira traballamos a lóxica matemática facendo asociacións, pero tamén podemos traballar a motricidade  ó usa-las  pinzas e mover un pouquiño o corpo.
Ánimo e xa nos contades.!


Ningún comentario:

Publicar un comentario