DIARIO DE NAVEGACIÓN. DÍA 4
Que tal vai a decoración do barco no que facemos esta viaxe. Xa o debuxastes? Pensastes xa un nome? Non tardedes en mandarnos recado de como se chaman os vosos barcos porque haberá que avisar para que nos dean permiso para zarpar.
Mentres agardamos a autorización, o mellor
será que nos poñamos a xogar.
Veña!... collede un papel, facede un cadrado,
pintádeo como queirades e coa axuda dos expertos dobládeo ata que “agrome” un
barquiño pequeno (ou grande se queredes).
Uf, nótase o da primavera.! Tamén podemos
confeccionar uns monigotes (de papel) que poidan gobernar a nosa embarcación e
ata facerlles un sombreiro.
Xa o tedes todo listo?.
Pois chegou a hora de inventar unha historia. Pode ser longa, curta, seria, divertida, poden sair peixes ou extraterrestres...o que vos queirades. Gravádea se queredes, debuxádea, contádenola nun audio ou escribídea (os irmans maiores ou os papis e mamis) e facédenola chegar.

Xa sabedes...parrococamilo@gmail.com
Para darvos unha idea deixámosvos este vídeo cun conto que a unha contadora de historias ocurriúselle. Seguro que as vosas historias molarán tamén.
Para darvos unha idea deixámosvos este vídeo cun conto que a unha contadora de historias ocurriúselle. Seguro que as vosas historias molarán tamén.
PESCANDO
TAPÓNS
Aínda que esteamos metidos na casa queremos
seguir a nosa loita polo planeta e limpar os mares de plásticos. Lembrades que
no cole falabamos moito destas cousas?.
Este xogo vai servir para iso. De certo que
teredes unha chea de tapóns destes días na casa ou gardados de antes. Imos
reciclalos e xogar con eles. Collede unha bañeira pequena, botade auga e bastantes tapóns a nadar nela. Agora é o momento de pescalos cunha culler, dous paus, o mango de dúas culleres,...o que se vos ocorra. Podedes observar nas fotos algúns exemplos. Veña... ¡A pescar!
Cando xa teñamos todos fóra podemos
clasificalos por cores, tamaños, ... tamén podemos contalos.
OS
TAPÓNS VIAXEIROS
Xa que temos os tapóns fora da auga imos
aproveitar para dar un paseo…polo corredor! Nada de sair da casa!
Inventade un percorrido no que levedes a
culler co tapón na boca ou nas mans (tamén serviría unha boliña de papel) sen que caia o
chan. Podedes poñer cadeiras, botellas ou caixas para facelo máis dificil.
Tamén facer o percorrido de distintos
xeitos (en zigzag, sentando e levantando da cadeira,…). Todo depende da idade
dos participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario