Non esquezades volver ao barco o vindeiro setembro. Estaremos agardando por vós cunha chea de propostas de aprendizaxe e diversión...e ogallá poida ser canda todos vós nas nosas aulas! Botámosvos moito, moito de menos! Aburiño! E para rematar... Queredes un mar de bicos?
venres, 19 de xuño de 2020
UN MAR DE BICOS
Cando empezamos esta aventura, con moitas présas para non deixarvos sós nin un minutiño, naquela nova situación, non imaxinabamos que a travesía fose durar todo este tempo. Pero aquí estamos, no derradeiro día de cole deste curso e aínda sen mirarnos máis que nesta xaneliña. A partir de hoxe ímosvos deixar navegar ao voso xeito. As praias e paisaxes desta parte do mundo son para desfrutar. Xogade, escoitade contos, bailade, tomade o sol, bañádevos no mar e nas piscinas, desfrutade da familia, ...sede felices!
Non esquezades volver ao barco o vindeiro setembro. Estaremos agardando por vós cunha chea de propostas de aprendizaxe e diversión...e ogallá poida ser canda todos vós nas nosas aulas! Botámosvos moito, moito de menos! Aburiño! E para rematar... Queredes un mar de bicos?
Non esquezades volver ao barco o vindeiro setembro. Estaremos agardando por vós cunha chea de propostas de aprendizaxe e diversión...e ogallá poida ser canda todos vós nas nosas aulas! Botámosvos moito, moito de menos! Aburiño! E para rematar... Queredes un mar de bicos?
ATENCIÓN....REDOBRE DE TAMBORES!
Estade atentos! Non marchedes moi lonxe! Ao longo da mañá agárdanos unha sorpresa!
xoves, 18 de xuño de 2020
...E ATA AQUÍ CHEGAMOS
ÚLTIMA ANOTACIÓN NO DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍA 91
Lembrades, capitáns, que cando comezamos este diario contruimos unha caixa, ou procuramos un caderno, para meter nela todo o que iamos facendo?
Hoxe é o día de coller tódalas cousiñas e metelas na caixa, se é que as tedes ciscadas por aí. Temos que ter todo xuntiño para poder ir lembrando de cando en vez o camiño que temos percorrido.
Tamén é o día de volver mirar dentro de nós e apuntar, como tamén faciamos aqueles días difíciles, como nos sentimos. Nós sentimos varias cousas a un tempo. Estamos ledas, pero tamén morriñentas por pechar un pouquiño esta ventaniña na que vivimos tantas emocións. Pero non vos preocupedes, desfrutade e xa sabedes que seguiremos estando aí. Agora chega o verán, asi que...
Festaaaa, festaaa...! Vide todos! Hai festa na cuberta! Hai merendola! Bueno que cadaquen traia a súa, pero antes imos xogar!
10 XOGOS NA PRAIA
1-Búsqueda do tesouro.
E...o derradeiro conto deste curso. Desfrutádeo!
PULGA E XIGANTE

Podes recoller pedras, cunchas, paus, todo o
que se vos ocorra ... As posibilidades son moitas. Despois podedes
debuxar camiños de distintas formas con eles na area e facer composicións con todo o recollido. Igual que temos feito con outros materiais dentro da casa.
2. Búsqueda
do tesouro agachado
Podedes escoller un obxecto e xogar a agachalo
na area, mentres os outros xogadores contan ata un número con ollos pechados.O
primeiro que o atope gaña. Lembrade que hai que seguir tódalas pistas e pisadas na area!
3. Xogos Olímpicos na area
Debuxade unha liña no chan e retade a todos a
dar un gran salto. Quen gañará? Tamén podedes correr na auga e na area. Pensade que outras probas podedes preparar.
4. Petanca
Podedes improvisar unha competición de petanca
usando pedras.
5. Bolos
Colocade as botellas de auga baleiras (ou
mellor aínda, con só un pouco de auga) sobre a area e xogade a derrubalas cunha
pelota ou bolas de area.
6. Circuito
de habilidades
Creade un circuito de habilidades: saltar,
subir, correr ...
7. Mirar
as nubes
Algunha vez xogastes a atopar formas nas
nubes? Seguro que sí. Coas formas ou personaxes que descubrides podedes, crear
unha historia xuntos. Ademáis serve para relaxarnos despois de tanta
actividade.
8. Practicar
deportes como: xogar ás pás, ó futbol , ó boleibol, ...
9. Á caza da cuncha .O xogo consiste
en marcar un tempo e mirar a ver quen consigue xuntar máis cunchas.
10.Carreira
de relevos con cubos de auga. Cada equipo collerá un deles e colocarao
a 3 o 4 metros da beira do mar. Despois terán que encher o cubo con
toda auga que poidan levar dende o mar dentro das mans.
NO VERÁN...CARDIO PARA NENOS
E...o derradeiro conto deste curso. Desfrutádeo!
PULGA E XIGANTE
CARMEN: O OVO E AS SOMBRAS
Carmen proba todo, gústalle moito facer tódalas cousiñas que mandamos. O luns probou o experimento do ovo e hoxe quere amosarnos como quedou! Tamén quixo mergullarse no mundo das sombras e probou a proxectar un corazón e unha estrela!
mércores, 17 de xuño de 2020
PROPOSTA XOVES 18 DE XUÑO
DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍA 90
Nestas illas do Pacífico tamén hai unhas praias estupendas. E xa que estamos aquí non imos deixar de xogar e desfrutar nelas. Xa case estamos de vacacións!
XOGOS CON AUGA
RESCATE DE OBXECTOS
Precisamos unha bandexa. Metemos nela cousiñas pequenas de distintas formas e tamaños. Engadimos legumes, area, papeis... Cunha cordiña ou similar dámoslle varias voltas á bandexa para facer máis dificil coller os obxectos. Canta máis dificultade queiramos, máis voltas hai que darlle o cordón. O xogo consiste en “pescar” as cousiñas coa man ou cunhas pinzas sen mover a corda. Hai que facelo nos ocos que deixa o cordón.
XOGAMOS A SER MIMOS
ZUMBA

Temos que conseguir, e non só coa cara senón
con todo o corpo, que os demáis adiviñen o que estamos representando.
Aquí tedes unhas cantas ideas para facer. Pensade os xestos que ides facer e veña a xogar!
-que somos?
robots, ananos, xigantes, modelos, médicos...?
-como nos sentimos? enfadados, medoñentos,
contentos....? temos calor, frío, sono, fame?
-que facemos? subimos por unha escaleira, estamos
tumbados na cama, sentados nunha cadeira? cociñamos, pescamos, pintamos,xogamos
ao balóncesto, montamos a cabalo?...
ZUMBA
ANA : AS MATES E O NENÚFAR
Ana fixo esta flor de Indonesia tan bonita. Como as mates gústanlle moito ordenou as cifras, pero con dados de cores nos que tivo que ir calculando os puntiños que lle facían falta. Despois de tanto traballo había que xogar... así que en familia xogaron cos dados. E gañou,... Paula! Ana vai ter que practicar un pouquiño máis!
XIÁN E O OVO
Xián decidiu facer o experimento do ovo. Fíxoo o luns e xa ten o resultado. Mirade no vídeo! Tamén xogou coas mates que lle gustan moito e colocou na caixa de ovos tódolos que ían saindo na escolledora de cartas!
martes, 16 de xuño de 2020
PROPOSTA PARA O MÉRCORES 17 DE XUÑO
DIARIO DE NAVEGACION DÍA 89
Mirade o que trouxen do meu paseo. Nesta illa teñen unha arboriña que lle chaman craveiro e de aí sacan o cravo da comida. No barco de Elcano mirei moitas bolsas cheas disto.! Por que credes que terá este nome tan raro? Se vos sobrou masa de onte, podedes engadir os cravos á colección de especias!
MATES: ONDE ESTAS, NÚMERO?
Rescatamos o noso "escolledor de cartas" para facer outro xogo do mates cunha caixa de ovos , unha cubiteira ou outra cousiña que argalledes. Precisades algo que teña varios ocos para meter o número (como a caixa de ovos) e un xogo de números de plástico do 1 ao 6; ou de papel feitos por vós. Tamén poderiades xogar só con tarxetiñas de números.
O xogo consiste en ir colocando na caixa de ovos os números que vos saian, no seu lugar, de xeito que queden ordenados. Podedes facer só unha serie de números ou varias cambiando as cores dos números
HISTORIAS CON SOMBRAS
Queredes soñar-viaxar espertos? Imos xogar coas sombras!
Collede un tubo de papel hixiénico (ou varios).
O primeiro é elexir as figuras que queredes proxectar: un animal, un avión, un coche, un corazón, unha figura….e debuxalas nun cartón ou cartolina. Cortades un anaco de plástico film e con el cubrides un dos lados do tubo. Suxeitádeo con cinta adhesiva ou gomas. Pegade o voso debuxo no plástico.
XOGOS CON ESPONXAS E AUGA
MOVERSE E SALTAR

Introducides a lanterna polo outro lado e
acendédela. Podedes proxectar a imaxe sobre unha parede ou tea branca. Se
facedes dúas ou máis á vez podedes xogar coas imaxes e mesmo inventar a vosa historia.
XOGOS CON ESPONXAS E AUGA
MOVERSE E SALTAR
CARMEN E A CURIOSIDADE
Carmen fixo o nenúfar de cartón que propuxemos. Agora xa sabe como é e que forma ten. A ver se o atopas nalgún dos teus paseos. Como é moi curiosa quixo localizar ben no planeta terra esas illas onde agora nos atopamos e comprobar de onde procede esa canela tan rica! Moi ben, Carmen!
SILVIA E O NENÚFAR
A Silvia, que lle encantan as flores, medroulle este nenúfar no seu estanque... Ay, non! Fíxoo ela. E que ben lle quedou! Parabéns, Silvia!
luns, 15 de xuño de 2020
PROPOSTA PARA O MARTES 16 DE XUÑO
DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍA 88
AS ILLAS DAS ESPECIAS
Por fin, despois dun longo percorrido chegamos ás illas das especias. A nosa misión remata aquí e estes días só nos queda entreternos e desfrutar, igual que no verán que temos á unha carreiriña de can.
Como vedes, atopamos a Elcano! Está aquí, cargando o seu barco coas especias que todos están esperando. A Nao Victoria está chea de CANELA... (Umm que ricas van estar as nosas sobremesas! ) ...E NOZ MOSCADA...! (A que lla poderemos botar?) E vexo moitas especias máis!
Podedes adiviñar cal e cada unha? Poñémosvos unhas pistas con algún dos vosos nomes!
A que está na esquerda empeza como CA...RMEN! e como CA..RLA
A da dereita empeza como NO...A, e como NO...ELIA
QUEREDES FACER ESTAS ESPECIAS?
Collede plastilina ou entrédevos facendo esta masa. As instrucións están aquí.
Cando a teñades podedes probar a facer estas bolas de noz moscada ou os paus de canela. Amasade, dádelle forma e pintade.
Aquí tedes outras fotos da noz moscada!
PILLA-PILLA
O pilla-pilla é un dos xogos para nenos ó aire libre por excelencia. Un neno conta hasta dez dende unha base. Despois, persegue ós demais mentres estes fosen. O neno que logra tocar a base durante a persecución queda salvado, aquel que é tocado é eliminado.
ZUMBA: LUIS FONSI
CONTO: O CROCODILO AO QUE NON LLE GUSTABA O AUGA

domingo, 14 de xuño de 2020
PROPOSTA PARA O LUNS 15 DE XUÑO
DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍA 87
No noso paseo por estas illas mirade que fermosas vistas tomamos dende o barco. Que bonita paisaxe!
E...Que flor é esta? Semella que a teño mirado aquí tamén en Vigo. Deixádeme consultar o caderno naturalista!... É un nenúfar! A flor que se mira nas augas dos estanques!
No paseo desta semana é obrigado que miredes a ver se nalgún parque ou zona pola que pasades existe esta flor. Xa vedes que procede de Malasia!
NENÚFAR DE PAPEL
Queredes facer un nenúfar para a vosa colección. Seguide estas instrucccións.Se non vos apetece podedes intentar debuxala e pintala.
Xa temos a nosa flor. Podedes traer unha folla grande do paseo e colocala debaixo.
MATES: XOGO CON TAPÓNS
Collede tapóns ou círculos de cores amarela, vermella, azul e verde e dispoñédeos enriba dunha folla ou taboleiro como se mira na imaxe. Collede tamén boliñas, legumes ou pedriñas distintas para cada xogador. Para rematar tedes que preparar tamén un dado con puntiños nos que fagades tódalas parellas de cores posibles ou tarxetiñas para sacar dunha bolsa. Esas que deixamos aí son as parellas que precisades. En cadansúa quenda cada xogador ten que tirar o dado (ou sacar tarxetas) e poñer as súas boliñas en dúas tapas que teñan as cores da parella que tocou. Teñen que estar unha á beira da outra. Gaña o que consiga poñer máis boliñas.
EXPERIMENTO DO OVO
Non queremos rematar a viaxe sen proporvos un novo experimento científico "O ovo Saltarín". A ver se o desfrutades! Mirade AQUÍ atentamente as instrucións.
MÚSICA E MOVEMENTO

sábado, 13 de xuño de 2020
CARLA E MADAGASCAR
Carla estivo estes días no seu camarote rematando os traballos das cousiñas que vimos en Madagascar. Agora xa podemos ver as fotos de todo o que fixo. Estupendo, Carla!
venres, 12 de xuño de 2020
ANA E O SEU DEBUXO
Ana quere axudarnos a encher o noso caderno de viaxe co debuxo do seu destino preferido...a casa dos avós! Ten razón. Non hai mellor destino! Ademáis fixo unhas estupendas simetrías.
CUMPLE, CUMPLE
Unha das nosas capitás está hoxe de aniversario. Cumple 5 ANOS.
Sabedes quen é? Moitas veces ensinounos o ben que traballa e o moito que se divirte, aínda que agora hai uns días que non a miramos!
Seguro que leva moito tempo agardando este día e, hoxe 12 de Xuño, por fin chegou!
Gustaríanos un mundo estarmos todos xuntos no cole e poder celebralo canda ti . Cando volvamos ao cole faremos unha superfesta e xa poderemos darte unha chea de bicos e moitas apertas!
Hoxe todos queremos desexarte un feliz aniversario e que desfrutes moito, moito no teu día.
Un bico enorme de tódolos teus companeiros e compañeiras e un moito máis grande de Pilar.
Escoitas? É a canción de cumpleanos que dende casa todos estamos a cantar!
Felicidades!
xoves, 11 de xuño de 2020
PROPOSTA PARA O VENRES 12 DE XUÑO
DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍA 84
Nós, nos nosos paseos polas selvas de Borneo atopamos preciosas flores e plantas. Temos que ir todos xuntiños para non perdernos e moi caladiños porque xa sabedes que os animais enseguidiña se asustan e botan a correr!
Shh...! Ollades o que eu estou vendo? Nesta planta que semella un fento hai...unha bolboreta? Védela? Tranquilos! Non a espantemos! Se vos apetece, podedes debuxala e pintala. É a bolboreta RAJAH BROOKE.
CONTO: A VIAXE DAS BOLBORETAS
MATES: XOGAMOS A COPIAR
Este xogo é moi sinxelo. So tedes que debuxar nunha folla un taboleiro como o da foto. Na folla facedes unha liña que marque as dúas metade e debuxades 6 puntiños (non fai falla pintalos) en cada lado. Despois colledes tapas de dúas cores ou outro material que teñades por casa. Na vosa quenda colocades as tapas dun xeito que queirades. O outro xogador ten que copiar o voso modelo. Comprobade que todo está no seu lugar!
Fíxoo ben? Pois, veña, atentos! Agora tócavos a vós copiar.
XOGOS POPULARES: XOGO DO PANO

MARÍA E O DEBUXO XEOMÉTRICO
María fixo un debuxo coas pezas de madeira que tanto lle gustan. Un debuxo estupendo. Moi ben, María.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)