domingo, 31 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 1 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DÍA 75

Collede as vosas cousas de exploradores porque temos que baixar a terra. Hai  algo de cores moi distintas movéndose polas árbores que desperta a miña curiosidade. Estou mirando algo azul polos anteollos e de súpeto vira a cor marrón. Que pode ser? Non sei se estarei a volverme tola despois de tantos días de navegación.
Agardade vou facer unhas fotos! Ollade!...É un camaleón pantera! Por iso viamos tantas cores!





APRENDEMOS SOBRE O CAMALEÓN 

  Hai unha chea deles nesta illa. Imos ter que aprender algo sobre eles!





MATES CREATIVAS

Compoñemos un camaleón? Podemos debuxalo ou facelo a partir de 3 formas xeométricas.

1/ Se o debuxades, tedes que facer primeiro unha casa nunha folla de papel: un tellado de triángulo e un rectángulo un pouco longo. Despois tedes que poñelo horizontal, coma se estivese deitado. Que imaxinades que teremos que facer agora? 
O tellado é a cabeza. Poñédelle ollos e boca. A parede da casa e o corpo. Debuxádelle uns picos arriba no lombo e dúas patas (rectánguliños pequenos e triánguliños para as garras). Aparte facedes un circulo e pedides que vos axuden a debuxar nel unha espiral. Teredes que recortar polas raias e pegalo na punta do corpo. 
Podedes engadir un rectángulo estreito para a lingua. Ou se vos atrevedes, enrollalo para que pareza máis real.

2/ Podedes facer o mesmo despois de recortar un triángulo, un rectángulo e un círculo medianos.

Cando todo estea listo podedes decoralo como queirades ou como este modelo a raias.


 





MOVÉMONOS NO EXTERIOR
É moi importante aproveitar as saídas para tomar o ár fresco: Nos paseos podedes xogar á mariola, ás agachadas, ao fútbol e outros deportes como o patinaxe, correr, andar na bici. Non deixedes de movervos!. 


MOVÉMONOS COA MÚSICA

sábado, 30 de maio de 2020

FIN DE SEMANA DIFERENTE

Comezamos a primeira fin de semana na FASE 2. O confinamento está xa moito máis relaxado e, ademais, fai bo tempo para sair e desfrutar. Daquela, nós, que dende o primeiro momento temos estado aquí apoiándovos e tratando de facer máis doados os vosos "día a día" e os fins de semana, coidamos que unha parte da nosa misión ten rematado. Non imos dar xa suxerencias para o sábado e o domingo porque o que todos temos que facer está claro. É tempo de disfrutar xuntos e achegarvos ás vosas familias e amigos, sempre cumplindo coas medidas de seguridade; aínda tan necesarias.
O luns continuaremos a nosa viaxe. Aínda así, quedan tódalas nosas propostas xa feitas no blog. Tamén temos un apartadiño novo cos "xogos da viaxe" na pestana superior e outros xogos e cousas feitas nas pestanas laterais...non vaia ser que algún cativo queira volver a velos!
E se queredes contarnos algo, xa sabedes. Seguimos aquí, ao outro lado desta tecnoloxía.

venres, 29 de maio de 2020

CARMEN : BAOBAB E LÉMUR

Carmen xa ten feitas dúas das cousiñas características de Magadascar: o baobab e o lémur. Moi ben, Carmen.






xoves, 28 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 29 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN        DÍA  72
Semella que non tivemos ningún problema co lémur. Hoxe, dende o ollo de boi do noso camarote, non vemos só  un, senon moitos lémures agachados nas pólas das árbores. Aquí en Madagascar hai unha árbore que é moi curiosa. Ten un tronco moi groso e, alá arriba, as pólas. Son árbores que viven moito e despois de moitos anos os seus troncos póñense gordos e con formas estrañas.





FACEMOS UN BAO BAB


Podedes probar a facer esta árbore en plastilina. Por se non tedes, xa vos damos outras opcións.
Coa plastilina podedes seguir as instruccións do vídeo ou facelo vós aproveitando tamén unhas poliñas que traiades do paseo. Pincharíadelas no tronco de plastilina, arriba de todo, e na punta colocaríades unha bola de plasti ou de papel arrugado.

Outra posibilidade sería facer unha árbore colorida coma estas outras, pero  pintando un cadro con elas. Neste caso, tedes que coller unha cartolina ou cartón fino e debuxar nel unha ou dúas árbores con esta forma. Despois podedes pintalas de cores, enchelas con cachiños de papeliños  ou pegar papel hixiénico arrugado (que despois pintaredes). Na punta das pólas facede boliñas de papel de cores ou de revista e quedará moi ben.







MATES: REPARTINDO...

Hoxe imos xogar a repartir. Ides coller tódalas cousas que teñades a man: xoguetes, bolas, tapas, pinzas... O primeiro é escoller unha cantidade. A que queirades. Podedes empezar por xogar con 6  e despois ir collendo máis cousas. 
Agora poñede 3 platos ou caixas nunha mesa. Comezade a repartir as cousas que tedes entre os recipientes que tedes, poñendo o que queirades en cada un. Tamén podedes mover as pezas de sitio para ver máis combinacións.
Os maiores podedes ir  debuxando o repartido nun papel. Se non queredes debuxar os obxectos, podedes representalos con bolas.
Cando rematedes podedes elixir outra cantidade e volver empezar.





CONTO: A LENDA DO BAOBAB






XOGO EN INGLÉS: ANIMALS 

ANA E O SEU LÉMUR

Ana amósanos moi contenta o seu lémur, que quedou moi aquelado.


MARÍA E O LÉMUR

En Madagascar hai moitos lémures e por aqui no blog tamén pasean. Este é o que fixo María, que escolleu o lémur en cachiños. Moi ben, María!





JULIA: LÉMUR E NÚMEROS

Julia decidiu facer o lémur peza a peza, coma se fose un puzle. Despois, pintouno cunhas  brilantes cores e quedoulle moi vistoso. Tamén xogou co número desaparecido, aprendendo ben cal viña despois. Pedro e lobo tamén ocuparon a súa mañá. Xa sabes quen é quen nesa peza musical?. Moi ben, Julia.









XIÁN E OS NÚMEROS

A Xián gústanlle moito os números. Daquela, desfrutou moito co xogo do número desaparecido. Tamén fixo os triángulos e un retrato do lémur. Que ben, Xián!




CUMPLE, CUMPLE

Hai un cativo na aula de 5 anos que ven de estrearse nun novo aniversario. Xa ten  6 anos!. Aínda que non estamos no cole e imos tardar en vernos, queremos que saibas que non esquecemos o teu cumple e que cadaquen dende a súa casa temos  berrado e cantado moi forte.. . FELICIDADES!
Cando volvamos celebraremos todos xuntos  esta gran nova! Moitos Bicos!


Birthday cake image for 6 years old - eps10 vector ...

mércores, 27 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 28 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN         DÍA 71

Esta illa é unha selva. Víchedes cantos animaliños pasaron diante dos nosos anteollos? Ese lémur da cola de dúas cores semella simpático. Por que nos mira? Alguén sabería explicarmo? Na miña guía dí que... vive aquí abaixo, no sur da illa e que come de todo
Pechade a bodega! A ver se imos quedar sen merenda!


FACEMOS UN LÉMUR

Antes de que se enfade connosco imos facerlle un agasallo a este animaliño. Eses ollos non deixan de mirarnos. Pensará que non  queremos ser os seus amigos! Os lémures son unha especie única e está en perigo de extinción. Estes días fondeados en Madagascar, imos aproveitar para prepararlle un acocho a el e ós seus amigos.

 Hoxe podedes facer un sinxelo lémur cunha longa cola. Un círculo cunha pequena punta curvada e unha cabeza con eses olliños e o fociño servirán. Para a cola podedes enrolar papel ou debuxala e pintarlle as raias. Tamén poderíades compoñer un, peza a peza. Aqui tedes as instruccións. AQUI
 E se estades cansos, con que lle fagades un retrato quedará contento. Mirade atentamente a foto e intentade debuxar un lémur. 


Printable Lemur Craft






O NÚMERO DESAPARECIDO

Precisamos  aprender ben a lista dos números. Cal vai antes e cal vai despois?. Empezamos practicando os de "despois". Xogade un pouqueniño.






XOGO DE PUNTERÍA
Collede uns vasiños e suxeitádeos co celo no extremo dunha mesa. Dende o outro lado podedes ir lanzando bolas a ver se sodes quen de encestar. Tamén podedes facer boliñas e levalas soprando ata un dos vasiños.





PEDRO E O LOBO: OS INSTRUMENTOS


JULIA: TRIÁNGULOS E GRAFORULETA

Julia fixo cantos triángulos quixo buscando solucións e desfrutou moito coa graforuleta. Pensa repetir outro día. Moi ben! Sempre dicimos que os xogos que vos poñemos son para rescatar de cando en vez e seguir aprendendo!



ÁLVARO E MADAGASCAR


Álvaro viaxou co dedo polo mapa de toda a vida como un bo mariño e  teimou teimou ata atopar Madagascar.  Bo traballo!



CARMEN E MADAGASCAR

Carmen xa sabe cal é o nome do destino ao que agora chegou o noso barco e apuntouno moi ben no mapa. Mentres agardamos a saber que cousas hai nesa illa, estivo xogando a facer triángulos. Ademais xogou coas tarxetas motrices dos animais mandóns e coa graforuleta. Unha mañá de moito xogo. Estupendo!











ZOE: SOPA DE TRIÁNGULOS

Hoxe era  día de facer moitos triángulos. Zoe comezou e case non para. Aquí vedes como estaba o chan da súa casa. Por certo, Zoe,   patito dime que tamén está moi contento de verte tan alegre e pasándoo fenomenal!


martes, 26 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 27 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN            DIA 70

Xa sabedes a onde estamos arribando?. Despois de pasar o Cabo de Boa Esperanza xa somos quen de albiscar estas novas costas. Mirade polos anteollos! O que se mira xa non ten nada que ver co deserto.  Aquí todo é VERDE! Que hai nesta illa? Prestade atención!



AQUÍ TEDES O MAPA. COPIÁDEO E POÑÉDELLE O NOME.


XOGANDO COAS MATES: FACEMOS TRIÁNGULOS.
Todos sabedes como son os triángulos, coas súas puntas que semellan tellados ou a proa dalgúns barcos. Collede todo o que teñades a man co forma de pau: lapis, pinzas, paus, rotuladores, tiriñas de cartón, cachiños de lá...o que atopedes, e poñédevos a construir triángulos coma tolos! Pensade en todolos materiais distintos que podedes usar. 




GRAFISMO CREATIVO COA GRAFORULETA
Que vos parece crear un cadro para o voso camarote?
 Para facelo precisamos un folio ou cartolina, rotuladores, ceras ou lapis de diversas cores e moitas gañas de xogar a ruleta.

No seguinte enlace poderedes ver unha RULETA
 Facédea xirar, o trazo que vos toque terédelo que imitar no voso papel. Podedes xirar tantas veces como queirades para conseguir moitos trazos diferentes no voso cadro. A xogar!!!




BAILE: I LOVE ROCK AND ROLL





ÁLVARO E AS LETRAS

Álvaro tamén estivo xogando coas letras e coloreando tódalas que recoñecía. Semella que este traballiño gustoulle a todo o mundo!  Moi ben, Álvaro!



JULIA E O NAMIB

Julia estivo traballando cos nomes dos animais do namib. Ademais desfrutou  moito cos contos que fomos propoñendo estes últimos días. Estupendo! Os contos son un valor moi importante na nosa aprendizaxe e debemos mimalos.


XIÁN: O NAMIB E O FROTADO

Xián estivo colorando as palabras do Namib coas cores pedidas e probou a recoñecer algunhas das palabras. Fixo o final do conto das pitas e probou coa técnica do frotada. Gustoulle moito , asi que seguiu prácticando. Moi ben, Xián.!