Ola, papis e mamis!
Déixovos aquí unha pequena reportaxe de cómo traballamos na clase de “Psicomotricidade”.
Traballamos “co noso corpo” para desenvolvérmonos e expresármonos. Daquela, apoiámonos tanto“na música”, para estimular o movemento e para relaxarnos, coma "no xogo”, nesta idade o mellor camiño para aprender.

Este trimestre vimos de traballar co conto "Corre, corre, cabaciña" que forma parte do Proxecto lector do Centro e
fixemos as seguintes actividades:
* Distintos desprazamentos para traballar a coordinación de movementos, o
equilibrio e o ritmo.
- Andar coma a avoíña, coma o oso, o lobo e o león
- Rodar coma a cabaza
- Bailar o vals do Danubio azul de Johan Strauss
- e desfilar a marcha nupcial de Mendelssohn coma os noivos

* Motricidade facial e fonética
Como fai o lobo, o oso e o león
Como fai o lobo, o oso e o león
* Autocontrol
Somos quen de dominar o noso comportamento. Daquela prestamos atención, aprendemos a respirar e a relaxarnos.

* Estructuración espacial e temporal
Que ocorre antes e que ocorre despois?
Que ocorre antes e que ocorre despois?
* Lectoescritura.
Traballamos as palabras: oso, lobo, casa, cabaza, avóa e noivos. Algunhas escribímolas co noso corpo.

Deíxovos aquí unhas fotos para que disfrutedes
cos resultados. Agardo que vos gusten.
Un cordial saúdo: Paloma