Falando de lobos. Lembrades que os nenos invitarono á festa do Samaín?. Pois vir, veu; e aínda que nas fotos semellamos todos moi relaxados (os choros dalgúns non saen ), non as tiñamos todas connosco e en canto tivemos ocasión liscamos dalí e dixemoslle á profe que puxera un cartel na porta da nosa clase "LOBO NON VEÑAS". Aínda así ollabamos con medo cara ela, non fose ser que volvese...
sombrascorrecorre - foto montaje
E despois da festa do medo chegou a festa das castañas. Non quixemos deixala para o luns, ainda que fora caían chuzos. Como nos gustaron os xogos de outono. Viva San Martiño!
Ese lobo esperta unha estupenda relación amor-odio no meu pequeno... ¡Non hai día que non se fale del e dos tres porquiños na nosa casa!
ResponderEliminarPasamos do furor de chivos chivóns a corre corre cabaciña... na casa non se fala (ou mellor dito, canta) outra cousa, bo traballo profes!
ResponderEliminar