sábado, 30 de novembro de 2013

OS DE 4 ANOS ATRÉVENSE COAS CROQUETAS

Aproveitando o traballo de investigación que estamos levando a cabo na clase de 4 anos sobre a pataca, este mes elaboramos unha receita que tiña como ingrediente principal este tubérculo: “croquetas de pataca”.
Despois de escribir cadansúa receita cos ingredientes e cantidades necesarias, puxémos as mans na masa e…. Como desfrutamos!
Primeiro aplastamos ben a pataca cocida para facer un puré e mentres picamos a peituga de polo en anaquiños. Logo engadimos a mantenga ao puré e remexemos. Cando estaba ben mezclado botámoslle as xemas dos ovos e remexemos outra vez. Por último engadimos a peituga á masa e… listo.
Bueno, aínda faltaba o mellor. Cada un fixo dúas boliñas de masa coas mans e pasounas por fariña, ovo e pan raiado. Con tanto traballo esqueceusenos botarlle a sal ata que empezamos a facer a segunda boliña!!!!!!
So faltaba freilas pero diso encargouse a profe.
Cando arrefriaron un pouquiño todos quixemos probalas. A algúns gustáronlle moito e a outros non tanto.

Se queredes facelas na casa estes son os ingredientes:

·       1 kilo de patacas
·        100 gr de mantenga
·   300 de peituga (ou o que queirades: xamón, atún, espinacas…)
·        5 ovos (3 na masa e 2 para rebozar)
·        Sal
·        Pan raiado e fariña.

Que o desfrutedes!

1 comentario:

  1. Menudo atrevemento o das profes!!! Cociñar con tanto neno arredor..., grazas por esa dosis extra de motivación dos nen@s. E aínda por riba mmmmm..., recetas de rechupete :-)

    ResponderEliminar