sábado, 16 de novembro de 2013

BISCOITO DE CABAZA EN 4 ANOS

Como sabedes, no mes de outubro os nenos e nenas de 4 anos estrenámonos como cociñeiros e cociñeiras elaborando un riquísimo biscoito de cabaza, un alimento típico destas datas. Para que poidades facelo na casa aos que vos apeteza, poñemos aqui a receita que traballamos:

BISCOITO DE CABAZA
INGREDIENTES:
-        300 GR DE CABAZA
-        300 GR DE FARIÑA
-        300 GR DE AZÚCRE
-        4 OVOS
-        75 GR DE ACEITE DE OLIVA
-        12 GR DE FERMENTO (ROYAL)

Pasar a cabaza polo microondas uns sete minutos para que abrande e despois triturala coa batidora.
Mezclar os ovos co azúcre.
Noutro bol botar a fariña (mellor tamizada) o fermento, a continuación a cabaza, os ovos co azucre e por último o aceite. Mezclar todo e poñelo no forno a 170ºC durante 50 minutos. Que aproveite!


Mirade que ben o fixeron os pequenos!:

Ningún comentario:

Publicar un comentario