O curso pasado na aula de 5 anos fixemos unha experiencia preciosa coa MOCHILA VIAXEIRA DO CORPO HUMANO O caderno viaxeiro foi rolando de familia en familia e cada quen foi aportando pequenas pinguiñas de experiencias e de saberes. Prometinvos daquela que dariamos a coñecer a tódalas familias o que anotaran as outras; xa que en especial os que levaron o caderno de primeiros ou o principio do curso non puideron ver o que foron aportando os seguintes.
Agora por fin e cun pouco de atraso podo subir este caderniño ao blog.
Ah! e os que ainda mirades o noso blog porque seguides a ter intereses en infantil avisade aos outros pais de primeiro para que tamén o poidan mirar.
¡Menudo traballón dos nenos e dos pais! Foi un pracer participar neste traballo. Comentareille a todos os pais que non deixen de ollealo. ¡Xenial aventura!
ResponderEliminarGrazas por facer de mensaxeira, María. Para min tamén foi un pracer ter uns pais tan colaboradores e enrollados.
Eliminar