Collemos carreiriña nesto de compartir e non paramos. Agora vimos de desfrutar o primeiro noso contacontos na biblioteca tamén xuntos os nenos de 3 e 4 anos. Foi da man de O CULLARAPO CROQUE... poemas-contos ou poemas-cancións; todo ben animado polo autor do libro que tamén nos foi ensinando as preciosas ilustracións.
Pasámolo moi ben, ainda que nos resultou dificil entender a mensaxe dalgúns poemas. Nós quedámonos co ritmo e as fermosas palabras.
Fermosa foi tamén a lectura improvisada que a profe Romina tivo que facer dun dos poemas a petición do animador.Leuno tan ben que lle demos un grande aplauso. Foi unha xornada distinta e festiva.
¡Qué fermosa forma de aprender! ¡Cómo desfrutaron estes pequerrechos!
ResponderEliminar