luns, 4 de marzo de 2013

A CASA DA MOSCA CHOSCA


Hai luns que paga a pena vir ao cole (eu diria que todos, pero algúns mais que outros) e hoxe foi un deses luns.
Non ben entraramos pola porta e xa atopamos unha misteriosa nota na que unha misteriosa personaxe nos invitaba a ir á bilioteca. Na clase de 5, Lucas púxose a lela en alto, pero ninguén se decidía a erguerse da cadeira. 


Daquela entraron os de tres anos en tromba dicindo que eles tamén tiñan unha nota; pero na súa non era unha moucha quen os invitaba, senón unha mosca. 




Seica o mesmo pasou nas clases de 4 anos porque cando chegamos á biblioteca eles xa estaban alí. Disque un sapo mais un lobicán lles dixeron que algo ía pasar ás 9 e cuarto.
Na biblioteca descubrimos que alí pendurado na pizarra había un  conto... "A casa da mosca chosca".

Auri non o pensou dúas veces e moi lixeira botouse a contárnolo. Que bonito foi e como nos gustou!

 PREMEDE AQUI


Despois a pregunta que fixo Estela antes de marchar da biblio quedou no ar e os de 5 non perdemos ocasión de pescudar naquel misterio. 
Como fixeran as personaxes daquel conto para sair e escribirnos a invitación?
 O diálogo hoxe durou unha hora, todos interviron e ningúen semellaba  estar canso. 

1 comentario:

  1. En verdade, as caras dos nenos falan máis que as palabras ¡Menuda aventura! :-)

    ResponderEliminar