domingo, 7 de abril de 2013

A GRANXA DOS DE 3 ANOS

Nas últimas semanas os nenos de 3 anos convertíronse en granxeiros e granxeiras e descubriron que nunha granxa hai unha morea de cousas que facer na horta e coidando os animais. 
Entre todos fixeron un mural xigante para que colleran tódolos recortes. Que chulo!
Tamén foi xenial a sorpresa que trouxo Adriana de parte do seu avó: un gran feixe de plumas de distintas aves! Observámolas, compartímolas, tocámolas e tamen xogamos con elas a facer cóxegas.

1 comentario:

  1. Deben de estar moi contentos traballando o tema da granxa, a todos (ou case todos) os nenos lles chama a atención ver os animais que alí hai.
    Qué bonito vos quedou o mural!

    ResponderEliminar