domingo, 28 de abril de 2013

POR FIN, TERRI ESTÁ DE VOLTA!

Tan emocionados estamos nestes últimos tempos que se nos esqueceu darvos a boa nova. Hai dúas semanas cando estabamos falando, como tódalas mañás, descubrimos agochada unha caixa que nos pareceu familiar. Tivemos un momento de dúbida atá que algún compañeiro mais espilido berrou: "Terri, Terri! É a caixa que lle mandamos a China!" e daquela o barullo foi xeneral. Que emoción! Non dabamos aberto a caixa. Menos mal que Saúl colleu unha tixeiras... E que atopamos dentro? Sí, as tan agardadas sementes de castiñeiro chino!. Non o dubidamos. Pedímoslle á Sol que nos axudara para conseguir terra e macetas e veña a plantar sen mais espera porque a primavera vai para diante e queremos ver as nosas arboriñas antes que remate o curso.
Claro que Sol tamén nos regalou sementes de albahaca para que nos entretivesemos mentes agardamos acontecementos.
Pero como as experiencias na nosa clase nunca chegan de unha en unha, non pasou moito tempo ata que Estela apareceu cunha nova sorpresa... laranxiñas da China! que lle deu a súa avoa para nós. Como podedes imaxinar comémolas e apresurámonos a gardar as sementes para seguir plantando. Non vos extrañedes se dentro dun tempo medran no noso patio dúas novas árbores: un castiñeiro chino e máis unha laranxeira da China.

1 comentario:

  1. Nunca pensamos que iamos falar tanto da China na nosa casa. Aprenden os nenos e aprendemos nós :-)

    ResponderEliminar