Dito e feito. Ao día seguinte de ler a nota de Terri, Estela trouxo un termo con auga quente, -como xa fixera Silvia aquel día que andabamos a matinar como conseguir que non se lle enfriara a auga na viaxe de volta-. O certo foi que deixamos a auga no termo un día para face-la comprobación e descubrimos que se enfriaba de contado. Como non podíamos usar a enerxía solar porque non deixaba de chover, decidimos volver meter auga quente no termo e pedirlle a Tica que levara o noso paquete coa súa maxia o mais rápido posible atá China (porque xa se sabe que nos avións non deixan levar moitos liquidos).
Preparamos todo: Estela quentou a auga, Lucía trouxo outro termo por se non chegaba con un, puxemos periodico na caixa para que os termos estiveran mais quentes e pechamos todo poñendo no paquete ben claro URXENTE TERRI MURALLA CHINA PETÍN (bueno é que se trabucaron ao querer poñer Pekín) e o deixamos alí xunto con tódalas nosas mensaxes para Tica e Terri.
TERRI AUGA - foto montaje
Agora que xa volvemos das vacacións atopamos unha carta de Terri na que di que todo chegou perfectamente e que enseguidiña virá de volta coas nosas sementes de castiñeiro chino. Bravo por Terri ! ,pero que non esqueza devolvernos os nosos termos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario