Erase unha vez cando o curso ainda estaba dando os seus primeiros pasos un cole que decidiu inventar un conto entre todos e ademais facelo a un tempo en galego e en inglés.
A historia empezou a medrar cos mais pequenos do cole e foi pasando de aula en aula e volvendo sempre á aula de inglés ata que se fixo tan grande que houbo que porlle fin. Daquela xa estabamos chegando ao 23 de abril, Día Mundial do Libro así que a envolvimos nun bonito formato, feito por cada quen de nós, gravamos a historia coas nosas propias voces e convertímola en vídeo. Despois, deixámola na entrada do cole e no blog para que todos poidades disfrutar dela. Antes marchamos todos á biblioteca para poder ver xuntos o resultado.
Ah esquecíame o conto chámase...
A FOLLA VIAXEIRA
¡Encantounos! Menudo traballo... ¡Moitas felicidades pola idea e, sobre todo, polos protagonistas!
ResponderEliminar