domingo, 7 de abril de 2013
A VACA QUE ÍA CONTAR UN CONTO
Hai tempo, antes das vacacións trouxéronnos un cartel á clase no que unha linda vaca dicía: "Iago. Contacontos 4 de abril ás 11´45"
Como é normal estivemos pensando en que significaría todo aquilo e enseguidiña puxémonos de acordo...Aquela vaca que se chamaba Iago íanos contar un conto ese día e a esa hora.
Foron moitas veces ás que lle preguntamos á profe:
... E hoxe o día da vaca?
Ata que xusto o 4 de Abril foi ela quen dixo:
... Hoxe é o dia da Vaca. Bulide que nos agarda na biblioteca!.
Cando chegamos alí descubrimos Oooh! que era un rapaz o que ía contar o conto, pero siii! a vaca era a protagonista.
Divertímonos a eito porque Iago resulto ser un boísimo contacontos e fíxonos pasar un tempo estupendo.
Ah, "Linda a espreita" chamábase o conto.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario