Vimos de confeccionar entre todos os cursos de infantil un gran mural que xa podedes disfrutar no corredor da planta baixa. Non é un mural calquera. Ten un enorme traballo detrás que comezou hai algún tempo coa lectura na biblioteca do conto "A casa da mosca chosca". Como todos sabedes este conto entusiasmounos e dende aquela non fixemos mais que falar e falar del nas aulas, xogar cos personaxes, debuxalos e disfrutalos ata que nos decidimos a facer un exercicio de imaxinación... As profes propuxéronnos inventar un final diferente para o conto. Puxémonos mans a obra e velaiqui o tedes. Conseguimos facer non só un final diferente, senon catro!!...que digo catro!. Tamén cada personaxe do conto quixo pensar o final que mais lle gustaría; porque estaba claro que ninguén queria quedar sen tarta...Foi así? Ollade no noso corredor porque nas fotos é un pouco dificil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario