luns, 25 de febreiro de 2013

TERRI PIDE AXUDA

No medio de todo isto  da troula, do aforro de enerxía e do entroido - e como Terri segue na China e alí teñen problemas de auga- chegou unha mensaxe urxente na que nos pedía que lle mandaramos auga  e por riba quente!.  
Xa conseguiu as nosas sementes pero como son moi delicadas precisan dalguns cuidados na viaxe de volta.  
A ver como imos facer para mandarllela auga no correo e que non se lle enfríe polo camiño!. As cabezas  empezaron a pensar e sairon delas todo tipo de ideas que nos fixeron pensar en enerxías como a eólica ou a solar (de ahi sacamos o disfraz de entroido)
O mellor foi cando Silvia chegou ao día seguinte cun termo de auga quente para Terri...
        - problema resolto! -dixeron todos (ainda que moi lonxe da solución que tiña pensada a profe).

Iso semella, -sí sí problema resolto-, pero dame o nariz que ainda nos agarda algunha sorpresa...

Coma sempre entusiasmoulles recibir novas de Terri e pelexaron, coma sempre tamén, por ler a  súa carta. Claro que non poideron sair todos nas fotos...







Ningún comentario:

Publicar un comentario