domingo, 20 de xaneiro de 2013

VOLVEMOS AO COLE E...IMONOS A CHINA

A volta das vacacións sorprendeunos  cunha "triste" nova... o noso castiñeiro do patio, - compañeiro de tantas aprendizaxes- xa non estaba. Alguén o tallara de todo. 
Non eramos quen de comprender o que sucedera ata que a profe enterouse de que estaba maliño e houbo de ser eliminado.
Pensamos en reconstruilo; daquela recollimos tódolos cachiños que quedaran no patio pensando en como íamos facer. 

Foi entón cando Terri marchou volando do noso lado e mandounos unha carta dende a China. Alí á beira da Gran Muralla seica podía atopar sementes de castiñeiro chino que semellan ser mais resistentes. 
Coma sempre fomos contarlle as boas novas ós compis de 3 anos. Que sorpresa levamos¡...Eles estaban a investigar cousas da China tamén e ían facer unha muralla en tamaño pequeno.

Como nos gusta moito compartir experiencias e aprendizaxes (e axiña ven ahí a festa da paz que nos lembra que é moi bó  axudarnos uns a outros) decidimos  facela con eles. Dito e feito; deseguida puxémonos todos xuntos a pensar. 
As fotos que vos deixamos son deste proceso de planificación. Despois pouco a pouco irémosvos ensinando como vai quedando a cousa.



3 comentarios:

  1. Os nenos teñen imaxinación, pero as profes... máis!! :-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A nosa imaxinación aliméntase da ilusión e as gañas de aprender dos vosos cativos. Pero neste caso detrás da imaxinación está o azar dos acontecementos imprevistos e un labor de investigación documental que nos permite artellar algo imaxinario pero con datos reais; daquela de paso traballan con datos que son totalmente certos.

      Eliminar
  2. Siiiiiiiiiiiii, sin mirar vuestros comentarios pensé: la imaginación al poder. Felicidades.

    ResponderEliminar