ENTRETEMENTOS NO PEIRAO E NA CUBERTA...hoxe toca en familia.
É Domingo!
É Domingo!
Daquela nós, que xa estamos convertidos nuns auténticos navegantes, imos terminar
de preparar algunhas cousiñas e dar
algunha voltiña de proba cos nosos barcos antes de emprender auténticas
aventuras. Estas chegarán despois.
Estes días imos desfrutar da estadía no
porto, da navegación co mar en calma, imos ler
e bailar na cuberta e ocupar o tempo mirando polos nosos anteollos, a ver
que cousas interesantes descubrimos.
Pero antes de fixar o rumbo hai algo importante que tedes que facer.
-Pechade os ollos.
-Imaxinade onde queredes ir e...
-Facede un debuxo dese sitio. Podedes facelo cos vosos lápis, coas ceras, cos rotus... Podedes pintalo co pincel.
Queremos ver como é ese lugar ao que iríades co voso barco. Podedes decir como se chama ou poñerlle nome. A maxia fará que ese lugar soñado apareza nos nosos mapas.
Xa o tedes? Agora xa podemos seguir...
1/ PAU
DE CHOIVA
Collede un tubo de cartón, clavos ou palillos, papeis de
cores ou pintura para adornar e legumes, que serán as que produzan o son.
O primeiro que faredes é facer uns buratos no tubo e poñer clavos ou palillos. Co martelo imos clavando os clavos por fora do
tubo. Non hai que poñelos regularmente.
O importante é que sexan moitos para que ao mover o tubo os legumes caian a modiño. A distancia entre clavo e clavo debe deixar pasa-los legumes.
Se poñedes palillos en vez de clavos haberá que cortar cun alicate o que sobresae.
Despois pechades o tubo por un lado e enchédelo de legumes. Pechades o lado que queda aínda aberto e... listo!.
Agora é o intre de decoralo. E ...a facer música.
2/ PÉS
PARA QUE VOS QUERO
Este xogo é para aproveitar que aí atrás fixemos uns pés
dereitos e esquerdos. Lembrades? (https://follasdemoreira.blogspot.com/2020/03/propostas-para-o-martes-31-de-marzo.html)
Se ainda os tedes por aí podemos xogar desta maneira:
Se ainda os tedes por aí podemos xogar desta maneira:
Marcade con estes pés ou cun cordel, lá,
coxíns, cinta...unha liña no chan. Podes facer unha de cada vez e ir cambiándoa
(con forma de círculo, zigzag, ondas,
raias cortas e longas, combinadas... e camiñade por elas de distintos xeitos:
cos dous pés xuntos, cruzando os pés, un pé primeiro e o seguinte tocando, de
xeonllos sen apoiar os pés. O importante é que fagades todo o que se vos
ocurra.
Podedes probar a facelo deprisiña ou a modiño. Tamén alguén pode dar palmas ou tocar un chifro e cando pare, vos tamén teredes que parar.
Podedes probar a facelo deprisiña ou a modiño. Tamén alguén pode dar palmas ou tocar un chifro e cando pare, vos tamén teredes que parar.
3/ DÁNDOLLE
UNHA VOLTA Á BARALLA DE CARTAS
Collede unha baralla de cartas española, ou outra que teña números e distintos paus e xogade con ela aos xogos que sabedes. Tamén podedes probar xogos alternativos como este...
-Mesmo número ou mesmo pau:
Cada xogador debe botar unha carta que teña o mesmo número ou que sexa do mesmo pau que o anterior. O primeiro que remate as cartas, gaña.
Deixámosvos AQUÍ este e outros xogos para probar.
Rematamos cun pouco de marcha.
ESTO
BAÍLASE ASÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario