mércores, 8 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 9 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN           DIA 23

Avecíñanse moitos días loitando contra o vento na cuberta e temos que estar preparados. Imos facer un instrumento que nos axude a decidir cando temos que desplega-las velas e navegar  aproveitando a forza da natureza.


MUIÑO DE VENTO

Ides coller unha folla de papel, tesoiras, un corcho, unha palliña e un alfinete. Que pasa se non temos estas cousas?
Se non tedes un alfinete  con cabeza de boliña, podedes pegarlle o alfinete unha boliña de papel para que sexa máis doado velo. Se non tedes palliña ou corcho, podedes enrollar unha tira  de papel que sexa case tan ancha como o cacho que sobresae do alfinete. A palliña podemos sustituila tamén por un folio enrollado. Os dous rollos teríades que pegalos para que non se desenrollen.
 Se queredes, facede un debuxo na folla ou pintádea. Se non, pode quedar así.
Agora mirade atentamente o vídeo no que vos van explicar o que facer. Cun chisquiño de paciencia, e a axuda da familia nalgúns momentos, conseguirédelo.

Cómo hacer un molinillo de viento - Actividades para niños ...





 BINOMIO FANTÁSTICO

Collede o barco e navegade cara a Illa Cociña. Cando cheguedes alí tedes que remexer un pouco.
Hoxe tócanos crear e imaxinar. Precisades algún utensilio de cociña, ¿podemos collelo?

Imos aló, temos que seguir estes pasos:
1º) Ides en familia ao caixón dos utensilios (espumadeira, colador, pinzas, culler garfo…) escolledes un que vos apeteza.
2º) Colledes un papel en branco e colocades o utensilio por riba. Escolledes unha cor e debuxades a silueta arredor.
3º) Recordades que estamos en Primavera? Pois imos pensar nalgún bichiño, insecto, que nos guste moito (bolboreta, insecto pao, mosquito, xoaniña…). Xa o tedes na vosa mente?
4º) Imos  crear un novo ser.  Preparados? Colledes de novo o papel onde debuxastes o utensilio de cociña e engadídeslle  as características do noso insecto. 
Trátase de xuntar dúas cousas que non teñen nada que ver:  un utensilio de cociña- un insecto. E crear unha nova. Está lista?
5º) Poñédelle un nome  que conteña as dúas cousas que xuntamos para este binomio fantástico.
6º) Para os máis animados… Inventade un conto e facédenolo chegar. Escrito, en debuxos, en audio, en vídeo…
E xa que estades, antes de recollelo todo, podedes debuxar as siluetas de distintas cousas  (culleres, garfos, ...)Despois poñede cada  debuxo nun plato ou a distancia uns dos outros e xogade a clasificar ese barullo de cousas que collestes. 
Agora xa podedes levar cada cousa ao seu lugar.

Ata aquí as probas de capitán de hoxe.


Agora                         XOGOS DE PEIRAO E CUBERTA

MANDALAS

Deixámosvos uns mandalas para colorear. É importante que practiquedes a paciencia.




NO PAIS DO VENTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario