Os nosos amigos os arroaces desapareceron nas augas do mar. Hai tempo que non os miramos. Pero, collede os anteollos! ...ata onde nos trouxeron? Que é todo isto que vemos ao asomar pola borda?
TIMONEL, A MODIÑO, QUE HAI POUCO CALADO! QUE AS ROCHAS ESTÁN MOI PRETO! Pero, onde estamos? Mirade no mapa!
FACEMOS AS ILLAS
Xa que estamos a contemplar estas illas dende o barco, observádeas ben e facédeas vós na casa.
Collede un cartón que poida ser a base e pintádeo como se fose o mar. Ao mellor algún día destes podemos poñerlle máis cousas, pero hoxe imos concentrarnos nas illas. Observade a foto que sacamos dende a cuberta e a traballar!.
Encima do cartón montade as vosas illas. Cantas montañas vedes? que forma ten a praia? que semella?
Podédelas facer con plastilina, se tedes, ou con papeis arrugados e pegados, papel maché, ...ou o que teñades por casa. Tamén poderíades pintalas coma se estivesedes facendo un cadro. Coma sempre, botade a imaxinación a nadar!
NÓS MARIÑEIROS
Nun barco é moi importante aprender a facer nós. A corrente do mar vainos deixar á deriva sen non o facemos ben. Collede unha corda, un cordel, ou o cinturón dunha bata e probade a facer este nó. Atendede ben as instruccións.
EXPERIMENTO CON AUGA
Como é a auga do mar? Cando a probamos sabe un poco rara, verdade, capitáns?
Facede este experimento...
Collede un vaso con auga e botádelle bastante sal. Remexede ben, poñédea nun plato e deixádeo 5 días nun lugar que lle dea o sol. Cando pase o tempo, tedes que contarnos cun debuxo ou un audio que é o que pasou.
Se tedes, e queredes, podédeslle poñer colorante a auga, así o efecto verase aínda mellor.
Atrevédesvos a decirnos o que vai pasar?
Se alguén ten algunha hipótese que nola conte xa!
Collede un vaso con auga e botádelle bastante sal. Remexede ben, poñédea nun plato e deixádeo 5 días nun lugar que lle dea o sol. Cando pase o tempo, tedes que contarnos cun debuxo ou un audio que é o que pasou.
Se tedes, e queredes, podédeslle poñer colorante a auga, así o efecto verase aínda mellor.
Atrevédesvos a decirnos o que vai pasar?
Se alguén ten algunha hipótese que nola conte xa!
MATEXOGOS: NÚMEROS E PINZAS
Hoxe imos a empregar de novo as pinzas
para facer un xogo cos números.
Primeiro precisamos facer uns carteliños cos
números (1-2-3-4…), faremos máis ou menos segundo o nivel de cada neno/a. Unha
vez listos, collemos as pinzas e… a poñer en cada carteliño as que correspondan.
Para os máis pequenos podemos poñer nos
carteliños puntiños segundo o número que poñamos.Este xogo pode ocupar moitos dos nosos leceres, mentres tomámo-lo sol na cuberta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario