martes, 14 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 14 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN   DIA 28

ZARPAMOS
Como xa vistes o barco está preparado no peirao da nosa cidade con todo o necesario para a navegación. Daquela non o pensemos máis. Dá un pouquiño de medo, pero imos lá. 

SOLTEN AMARRAS, GRUMETES! LEVADE ÁNCORAS! 

Atención, xa nos movemos!. Que Ría de Vigo tan bonita! A mar está en calma. Imos desfrutar.
Aburiiiñooo, logo volveremos!

Ei, que é iso que se mira diante nosa? ...Ollade!


(vídeo de Manuel E García Blanco)

Arroaces...golfiños, que gusto miralos! Agora  que temos coñecido os nosos primeiros compañeiros de viaxe, imos traballar un pouquiño con eles. É importante que un bó navegante saiba  moitas cousas sobre os animais mariños.


O NOSO AMIGO O ARROAZ (GOLFIÑO)
Imos completar esta pequena ficha co nome es as partes do golfiño. Podedes recortar as palabras e pegalas enriba das que xa hai. Ou tamén completar a ficha muda que sempre vos poñemos. Para poñerlle o seu nome a este animal mariño podedes recortar a palabra en galego ou en castelán. (ou as dúas).







A COR DO MAR
Os golfiños son da cor do mar,  as veces grises, as veces azuis. Podedes decorar este outro debuxo coas cousas que queirades desas cores  (pintura, cachiños de papel ou revistas, boliñas, ceras,  anaquiños de corcho pintados...o que teñades). Se vos sobra un pouquiño de papel hixiénico podedes pintalo con témperas e pegalo no debuxo.
 Se preferides, botade a imaxinación a nadar e poñédelle as cores que queirades. Non esquezades repasar o punteado primeiro pintando co dedo, co pincel ou pegando algo todo arredor. No mar podedes enrollar papel ou cachos de telas vellas e facer as ondas. Se non queredes imprimir, atrevédevos a debuxar vós un destes amiguiños!.







Queredes saber máis sobre os nosos amigos?  Escoitade, a súas cousas son moi interesantes.





E  para rematar ...imos bailar!









Ningún comentario:

Publicar un comentario