xoves, 30 de abril de 2020

FIN DE SEMANA LONGO

DIARIO DE NAVEGACIÓN DÍAS 45. 46 E 47

O noso barco descansa a fin de semana amarrado no porto de Cidade de Praia, en Cabo Verde. Imos aproveitar  esas horas nas que podemos baixar á terra para gozar das paisaxes  e respirar unha atmósfera diferente.
Nós estivemos aí acompañándovos todo este tempo de luns a domingo. Tódolos sábados e domingos démosvos ideas para pasar o tempo e desfrutar en familia. Ímolo seguir facendo, pero cambiando un pouquiño o ritmo e a forma; para ir adaptándonos a unhas necesidades diferentes e uns horarios máis relaxados (en canto o confinamento).

Non ides estar sos, deixámosvos unha presentación con suxestións de lecer... música, teatro, ideas en familia.  (Quedará tamén na pestana superior). 
Tedes tamén tódalas propostas de xogo en familia, xogos de mesa e demáis que fixemos todo este tempo. Seguro que hai moitas cousas que non probastes. E seguro que vós teredes outro mundo de ideas. 
Seguide desfrutando e facendo cousas xuntos. E se queredes seguir contándonos as cousas interesantes que facedes, adiante...!
O luns o noso barco zarpa de novo cara a outros portos, ...non cheguedes tarde! Embarcade lixeiriños; xa sabedes que os nosos capitáns non esperan!




LEILA E O SEU DOMINÓ

Leila preparou un dominó con algúns motivos mariños co que está disposta a xogar moitos días. Moi ben, Leila!




ALANA: A SÚA REDE

Alana traballou na rede e na tartaruga. Fixo todo con moito coidado e quedoulle moi ben. Na folla quedaron colocadas a moeda e a tartaruga. Estupendo, Alana!




MARTÍN: XESTA E TARTARUGA

Martín hoxe quixo compartir o seu traballo con todos. Dende que traballamos así, el non perdeu detalle.  Estivo preparando a folla do libro. Fixo moi ben a rede, a tartaruga e a  palabra. Hoxe  fixo a súa xesta para colocar no barco como é tradicional. Que alegría verte, Martín!






XIÁN: REDE E TARTARUGA

Xián preparou hoxe a folla da tartaruga. Fixo a rede, debuxou e recortou a tartaruga e preparou as letras para compor a palabra. Moi ben, Xián.




CARMEN: BARCO CON XESTA

Carmen traballou na feitura da xesta. Colleu un pauciño, pintouno, recortou círculos e dobrou para facer as delicadas floriñas da xesta  e ...so lle faltaba o barco. Agora xa ten todo completo. Moi ben, Carmen.








O BARCO DE YOEL E A NOSA TRADICIÓN

Yoel fixo un estupendo barco con plastilina ao que lle engadiu unha xesta moi ben feita. Nela mestura elementos naturais e plastilina. Un traballo supersuper, Yoel. 







O FIUNCHO DE SILVIA

Xa temos o primeiro fiuncho para o noso barco. Fenomenal!  Quedoulle así de lucido. Moi ben, Silvia



mércores, 29 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 30 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN    DÍA 44

Ai ven o maio...!
Chega o mes de maio e hai unha tradición que non podemos esquecer, aínda que esteamos en Cabo verde. Temos que poñer poliñas de xesta na proa do noso barco. Como é unha xesta? Ollade na foto.




E como non temos xestas naturais podemos ir facendo unha de papel. Así practicamos para a seguinte proposta.
O talo podemos facelo enrollando papel e pegándoo con pegamento, a non ser que teñamos palliñas ou pauciños na casa. Habería que pintalos primeiro de cor verde.
O segundo paso sería facer as pequenas flores amarelas da xesta. Cortamos círculiños pintados de amarelo, dobrámoos en catro e pegámoos no pauciño.
Outra maneira sería pintar uns talos nun papel e facer puntos amarelos ao longo del, que serían as flores.  
Unha última idea sería pintar de verde un papel e doblalo coma se fose un abano e pegarlle despois circuliños amarelos.

Procurade o barco que fixemos hai  tempo e poñédelle  a vosa xesta. Se non o tedes a man, teredes que debuxar un.



PROPOSTA DE LONGO PERCORRIDO

Esta proposta non é para facer hoxe, senon ao longo de varios días e se queredes participar.
Os maios son unha festa popular de moito raigame nalgunhas zonas e que na nosa cidade tamén se está a recuperar. Celebramos a chegada da primavera e o espertar das flores.
 
Que podemos facer:
-Un maio empregando elementos naturais que podedes recoller nos paseos (pauciños, herbas, flores, froitos secos das árbores,...)  ou  materiais de reciclaxe  (papeis, cartóns, envases)  A  estructura de apoio podería ser un cono de papel ou cartón,  unha construcción de corchos, ou botellas. Todolos elementos feitos ou atopados irían por riba. 






 



-colares e diademas  de pampillos ou de papel
Recollede pampillos no campo, os que poidades, e ensartádeos nun fío. Os demáis podedes preparar floriñas de papel a partir dun círculo, como dixemos antes, e ensartalas tamén no fío. Ou recortalas coma na foto en ensartalas.


 


OUTRA DE LÁS... FIORAMA

Para esta actividade precisamos cartón e fíos grosos, lás ou cordóns.
Primeiro cortamos un cacho de cartón e facémoslle unha forma que nos guste. Se a facemos con forma de flor, válenos para o maio... 
A esta forma témoslle que facer unhas aberturas nos bordes. Coas lás, fíos ou cordóns facemos unha composición, cadaquen ao seu xeito.





RETO Á FEIRA


Neste xogo tradicional convertiraste nunha auténtica máquina da puntería. Debes conseguir tirar a pirámide de vasos (iogures, vasos de plástico) tirando co menor número de intentos todos os vasos.
Podes xogar so ou con outros membros da túa familia e tirar dende diferentes distancias

CONTO EN INGLÉS

YOEL: A REDE E A TARTARUGA

Yoel fixo a rede. Pegu os fías facendo a cuadrícula e colocou a tartaruga e  a moeda. Moi ben!






CARMEN: PÁXINA DA REDE

Carmen traballou na páxina de hoxe. Pintou o fondo, fixo a rede cun fío moi fino e debuxou a moeda e maila tartaruga. Non esquezas poñer outro día  a palabra! Moi ben, Carmen











ÁLVARO: REDE E TARTARUGA

Álvaro traballou na nova páxina do libro do mar e xa ten lista a rede coa moeda do martiño peixeiro. A tartaruga debuxouna  moi ben e ademáis encantoulle facela. Que ben, Álvaro.







XIÁN: CONTANDO TAPAS E TARTARUGA

Que chea de tapas tivo que contar Xián! Ainda así chegou ao final e apuntou tódalas cantidades. Tamén fixo unha tartaruguiña moi ben feita. Estupendo, Xián!










JIMENA: COUSIÑAS VARIADAS

Jimena mándanos fotos do estupendo paseo que foi quen de dar. Ademáis traballou cos cheiros e clasificounos . Temén fixo dúas preciosas tartarugas. Moi ben, Jimena.









PROPOSTA PARA O MÉRCORES 29 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN         DÍA 43

Mariñeiro, que  é iso que flota á popa!. Sacádeo da auga e traédemo. Unha rede! Non pode ser! Que perigo para estas tartarugas tan fermosas!. Pero que trae no medio? ...Unha moeda! Ollade, ollade!  É un paxariño...o martiño peixeiro!




REDES
Imos facer outra folliña do noso libro sobre o mar. Hoxe toca....
Collemos un folio ou un cartón fino. Lembrade se na folla que fixemos do golfiño colocástedelo horizontal ou verticaL. (ten que ir no mesmo sentido). 
Decorade o fondo cunha cor clara. Procurade lás, cordeis fíos,...e ide pegándoos facendo unha cuadrícula...primeiro todos en horizontal e despois en vertical. No medio da rede poñedes unha moeda co paxariño. Debuxade un círculo e a cabeza co peteiro longo será suficiente. 


Esta é a folla para a pobre tartaruga que vai quedar atrapada, se non temos coidado.
Agora collemos unha tira de cartón ou cadradiños pequenos e poñemos a palabra TARTARUGA. Como xa tedes experiencia en tartarugas, atrevédesvos a debuxala vós soíños?. Facede un ovo grande, poñédelle cabeza, 2 aletas, 2 patas e cola. Decorade o caparazón con puntiños de pintura (cos dedos) ou cachiños de papel e colocádea na folla. 



MATECONTA

Na fin de semana temos preparada unha actividade de arte que vai precisar de moitos tapóns e tapas. Hoxe imos ir á procura deles e xa que estamos imos xogar a contar. 
Metede nunca caixa tódolos tapóns que teñades.
Agora ide sacando e clasificando...xuntade os da mesma cor, os do mesmo tamaño, os que leven a data impresa, os que teñan a marca do produto, facede tódalas combinacións que vexades posibles.
Contande cantos tedes de cada. Os maiores podedes debuxar nunha folla e apuntar a cantidade. Os pequenos, que ainda non facedes números, podedes facer tantos puntiños como a cantidade que hai que poñer. Se son moitos que vos axuden.
Se non tedes tapóns, podedes facer o mesmo con outros materiais que se podan clasificar e contar.
E xa que estades, se a alguén lle apetece facer series, xa sabedes como funciona.
Estes días seguide xuntando, se non hai moitos non vos preocupedes; a nós sempre se nos ocorren alternativas.


CONTO: GRANDE-PEQUENO

martes, 28 de abril de 2020

SILVIA E A SÚA TARTARUGA

Silvia fixo a súa tartaruguiña, que xa está preparada para nadar dunha beira cara a outra tódolos mares. A casa é grande abondo, non vai ter problema para levar moita equipaxe!.

LEILA: MONSTRO E TARTARUGA

Leila fixo o seu monstro poñéndolle tantos ollos, bocas e narices como lle foi dicindo o número. 5 ollos, 3 pes, mooooitos pelos... Quedoulle moi montroso, como debe ser. Tamén traballou na tartaruga, cousa ben difícil.! Moi ben, Leila.