xoves, 24 de abril de 2014

SAIDAS

No mes de marzo os nenos e nenas de catro anos fixemos  dúas saídas, e é que xa tiñamos moitas ganas de ir de excursión cos amigos. Houbo algunha que outra  complicación pero ao final valeron moito a pena cada unha delas. Primeiro fomos ao MARCO (Museo de Arte Contemporáneo), alí dúas monitoras mostráronnos obras de diferentes artistas e contáronnos pequenas e sorprendentes  historias sobre cada unha. Observamos, tocamos, sentimos, xogamos,  expresámonos… desfrutamos moito coa maxia agochada en cada obra, ir ao museo é divertidísimo!!!
Uns poucos días despois fomos ao Castelo de Soutomaior. Logo de baixar do autobús tivemos que subir por escaleiras e camiños de pedraxa que o Castelo está no alto, pero o fixemos moi ben e gustounos moito o camiño cheo de camelios, que fermoso estaba !. Para ir ao interior do Castelo cruzamos a ponte levadiza e xa dentro recorremos as diferentes estancias. Despois todos merendamos no xardín debaixo da Torre do Homenaxe. Ao rematar, coa barriguiña chea, paseamos polos xardíns e... atopamos unha mensaxe!!!. No misterioso  papel poñía que o Rei Pedro nombrábanos cabaleiros do Castelo nin máis nin menos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario