domingo, 6 de abril de 2014

SEMANA DA PRENSA

Os de 3 anos tamén pasamos pola mesa da semana da prensa para ver como eran os xornais que alí había e tamén estivemos na aula vendo o FARO DE VIGO. Ata pensamos facer un FARO PIRATA para poñer alí algunhas novas piratas naquel intre no que estabamos a comezar o noso proxecto pirata, pero como somos os pequenos e mudamos moito de opinión deixamos pasar esa idea e concentrámonos en facer cousas para o noso mundo pirata que como é de imaxinar apetecíanos mais. Xa teremos tempo de “traballar cousas de maiores”. Eso sí non deixamos pasar a ocasión de colaborar cos nosos compañeiros do cole e ofrecémonos a facer nós o cartel de presentación da Semana da Prensa.

Velahí o tedes


1 comentario:

  1. O do 'Faro Pirata' sería unha idea ben xeitosa. ¡Estes nenos! :-)

    ResponderEliminar