domingo, 6 de abril de 2014

O SEGUNDO TRIMESTRE NA AULA DE 4 ANOS

Na aula de catro anos durante o segundo trimestre desfrutamos moito traballando sobre dous temas interesantísimos : 

O ESPACIO – fixemos un cohete espacial cunha caixa de cartón na que cabíamos dentro e  pintámola de cores. Tamén montamos un mural enorme do sistema solar cos seus planetas, a lúa, o sol e estrelas que pintamos con pintura máxica que brila na escuridade. Canto nos gustou mirar no teito da nosa clase alumear as estreliñas! 



A IDADE MEDIA – 
Despois da visita ao Castelo de Soutomaior na que o Rei Pedro nombrounos cabaleiros reais, convertemos a parede do corredor e a porta da nosa clase nun auténtico Castelo, con muralla e dragón, xa que en frente nosa temos uns temibles piratas! Logo cada un deseñou o seu propio escudo e quedaron estupendos coas cores e os debuxos. Podedes ver nas fotos canto traballamos e o ben que o pasamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario